Ilustración de Nancy Cote
CONSELLOS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL
- Adicar un tempo diario a falar cos fillos. Os pais, dende o entorno familiar, poden estimular a linguaxe oral dunha maneira lúdica.
- Deixar que o/a neno/a se exprese á súa maneira. Se comete erros cando fala non debemos rirnos, o máis recomendable é ampliar e reorganizar as súas expresións dándolle un modelo correcto.
- Escoitar ao/á neno/a cando fala sen interrumpirlle e acostumalo/a a que saiba escoitar.
- Ensinarlle a pedir as cousas correctamente evitando que use xestos ou monosílabos.
- Non respostar no lugar do/a neno/a. É importante que fagamos preguntas que impliquen unha resposta máis elaborada ca un simple “si” ou “non”.
- Non usar unha linguaxe simple e infantil e evitar os diminutivos. O/a neno/a utiliza esta linguaxe infantil porque se atopa nese momento evolutivo, pero non debemos imitar a súa maneira de falar,senón proporcionarlle o modelo correcto.
- Evitar a sobreprotección e darlle responsabilidades que lle fagan sentirse maior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario