Este foi ó mar

As lerias, cantigas ou ditos populares son unha fonte de aprendizaxe coa que divertirse. Pero tamén axudan e estimulan dun xeito moi lúdico o desenrolo da linguaxe. 
( Extraída da páxina  Orella pendella )

Este foi ó mar e non pescou nada.
Este foi ó mar e pescou unha pescada.
Este quedou en terra e lavouna ben lavada.
Este quedou en terra e fixo unha caldeirada.
E este lambón, lacazán... ¡papouna, ben papada!

No hay comentarios:

Publicar un comentario