A tartamudez infantil

Ilustración de Jing Jing Tsong 

 
Os erros de fluidez son repeticións de sons, sílabas ou palabras, vacilacións ou indecisións que interrompen a fala. Estas dificultades son frecuentes en nenos/as de Educación Infantil.

Cando nos atopamos ante un problema de fluidez na fala ou tartamudez, é importante seguir estas recomendacións :


  • Adicar tódolos días de 15 a 20 minutos a falar co/a neno/a, ver/ler algún conto xuntos, facerlle comentarios sobre o que o adulto fixo ao longo do día, sen presas e procurando que a situación sexa agradable, amosándolle que se desfruta falando con él/ela.

  • Manter o contacto ocular de xeito natural ao falar con él/ela, escoitándolle con atención e amosando interese polo que di, facéndolle ver que se lle entendeu.

  • Prestar máis atención ao que di que ás fallas de fluidez, sen amosar preocupación cando se produzan. É fundamental reaccionar dunha forma neutra ignorando a conducta da tartamudez.

  • Esperar un breve espacio de tempo antes de responderlle. Así tamén aprende a non interrumpir nin apresurarse para falar.

  • Fallarlle amodo, facendo pausas entre as frases, así nos poderá imitar e presentará menos tatexos. Que consigamos reducir a velocidade da fala cando conversamos con él/ela é un dos obxectivos primordiais. Este xeito lento de falar ten que soar natural, para que a/o neno/a non lle resulte extraño. (Pódese lentificar a fala alongando os silencios e articulando máis amodo)

  • Darlle tempo para respostar e expresarse. Hai que esperar que remate de falar sen amosar impaciencia. Non interrumpilo/a nen acabarlle a palabra ou a frase.

  • Cando o/a neno/a se amosa moi nervioso/a, querendo dicir moitas cousas e monopolizando a conversa debemos crear unha situación máis calmada intercalando comentarios e intentando instaurar un ritmo tranquilo.

  • Falarlle con frases curtas e sinxelas, axeitadas ao seu nivel de madurez. Temos que evitar falarlle con frases excesivamente longas, facerlle demasiadas preguntas xuntas, darlle instruccións complexas ou usar un vocabulario complicado para o/a neno/a.

  • Utilizar nalgunhas ocasións pausas na conversa, incluso algunha repetición de palabras ou frases, de modo que non se sinta presionado/a por falar correctamente, vexa esa conducta como algo natural e observe como o adulto resolve a dificultade.

  • Na conversa non facerlle demasiadas preguntas, é mellor realizar comentarios ou observacións sobre o que está a facer nese momento. É importante non facerlle preguntas que supoñan respostas largas.

  • Non presionarlle para que fale con outros adultos se non quere facelo, xa que falar baixo presión pode dificultar a fluidez.

  • Non é frecuente que un/unha neno/a pequeno/a comente nada sobre as súas dificultades, pero si pode chegar a amosar incomodidade ou frustración por non poder falar fluido nun momento dado. Pero si xurde o tema, é importante referirse aos erros de fluidez como unha dificultade puntual con esa palabra nese momento, e non facer referencia á tartamudez. Falaremos das súas dificultades como “atascos” “repeticións” ou termos parecidos.

  • Cando hai varios membros na familia, hai que facilitarlle participar nas conversas, establecendo turnos para que poida expresarse como o resto dos/das irmáns/ás.

  • Nunca darlle consellos no momento no que cometa erros como “fala amodo”, “tranquilo/a”, “respira”...

  • Non correxirlle directamente a súa maneira de falar ou pronunciar, nin facerlle repetir o que acaba de dicir. O que si podemos facer é introducir na nosa resposta o modelo correcto da/s palabra/s nas que presentou problemas.

  • Reforzar frecuentemente os seus aspectos positivos en xeral, para proporcionarlle maior seguridade en si mesmo/a.

No hay comentarios:

Publicar un comentario