Como xa sabedes, Susi Dous a nova amiguiña que traballou connosco o son "S", vive no monte de Santa Marta que é o punto máis alto do noso concello. Cando ideei o conto, tiña claro o que quería conquerir con el : traballar a pronuncia do "s", traballar as praxias linguais e ubicar unha persoaxe imaxinaria nun entorno do noso concello. O certo é que estou moi contenta da acollida e do moito que lle gustou aos nenos e nenas. Coma moitos deles querían coñecer mellor o lugar onde vive Susi Dous, traio unhas fotiños :
Os castiñeiros están agora moi fermosos e o chan alfombrado de ourizos.
Alí no cumio podemos ver un vértice xeodésico.
Gozamos dunhas vistas moi bonitas de Sada e da nosa ría.
Que fotos máis fermosas do Monte de Santa Marta! Eu quero coñecer a Susi Dous, así que...Profe Dolores...tes que ensinarme de novo o camiño! Bicos
ResponderEliminarCando queiras!! Unha aperta!!
ResponderEliminar¡Encántanme as fotos! Se xa o conto de Susi Dous pareceume fantástico (voullelo poñer aos meus alumnos), o lugar donde vive é PRECIOSO!!!!! Vou ter que facer turismo e achegarme ata onde vive Susi. Un biquiño.
ResponderEliminar¡Ana, moitas gracias polas túas palabras! Unha aperta!!!
ResponderEliminar