Estamos a traballar con secuencias temporais : ordeamos e despois verbalizamos. Isto axúdanos a organizar mellor o noso descurso, a expresar correctamente o que pasa primeiro, o que pasa despois e o que pasa ao final.
Se queredes practicar con máis secuencias, nestas actividades de JClic atoparedes moitas para ordear. Eleximos o número de secuencias (3, 4 ou 5) pinchamos na imaxe (aparecerá unha liña ao mover o rato) e despois no cadro no que debemos colocala. Podedes acceder ás actividades AQUÍ
Que ben traballan as secuencias temporais! Parecen moito máis maiores. As actividades clic están xenial. Un biquiño.
ResponderEliminarSi que traballan ben, e ademais a actividade gustoulles moito. Unha aperta, Ana e boa finde!
ResponderEliminar