Mamá... ¿de qué color son los besos?

Un contiño precioso,doce,colorido e cheo de bicos para compartir.

Recollida de tapóns de plástico

No C.R.A. estamos a levar a cabo unha iniciativa de recollida de tapóns de plástico.



En tódalas aulas temos un espazo adicado á recollida e os nosos alumnos e alumnas están entusiasmados colaborando moito!






As praxias con Bob Esponja


Lembramos as imaxes das praxias de Bob Esponja que temos nas aulas.










As láminas utilizadas para elaborar este recurso foron extraídas do blogue : Mi aula de audición y lenguaje

Día da árbore 23-3-2011

Hoxe celebrámolo "Día da árbore" cunha saída á Senra e mais ao Pazo do Casal. 


Chegamos á Senra e xuntámonos tódalas escolas.

Os traballadores do Concello tiñan preparadas ás árbores, o abono e maila auga. 

Coas nosas pás botamos terra e regámola nosa árbore, un carballo.


Antes de visitar o Pazo do Casal, xogamos un pouco no parque de Santa Marta.


E chegou o momento de coñecer o Pazo.

Nada máis entrar a enorme sequoia deixounos coa boca aberta.


Tivemos que xuntarnos as escolas de Vixoi e Carrio para poder rodeala!


No estanque vimos peixes!
Paseamos polos seus fermosos xardíns vendo e coñecendo moitas clases de árbores.

Tamén nos gustou moito a antiga fonte de pedra.

Foi un día emocionante e disfrutamos moitísimo!!

Expresión oral : inventando robots

A raíz dun conto sobre un robot, traballamos a expresión oral, a descrición e fomentamos a imaxinación inventando robots.

Aquí están algúns deles así coma os seus poderes:






O robot "estrella fugaz" oe todo e cando alguén está en perigo avisa para que lle manden axuda. O robot "estrella" salva ás persoas que teñen problemas nun avión, nunha avioneta, nun globo...etc. E por último, o robot "papelera" recolle o lixo e despois o leva ao contedor que lle corresponde. 














Curso 2010-2011, marzo
Programa de estimulación da linguaxe (P.E.L.)

Momentos e actividades para a linguaxe oral

                                           Ilustración de Brenda Sexton
  • Xogar ás onomatopeias imitando animais, accións ou sons coñecidos. No momento de ler un conto facerlle as onomatopeias e animarlle a que as repita.

  • Aprender e recitar xuntos adiviñas,cancións, lerias...etc.


                      Ilustración de Suzanne Beaky
                               
  • Xogar a facer xestos diante do espello.

  • Realizar exercicios de soplo.

  • Aproveitar calquera momento cotidiano (saída da escola, facer a comida, ir ao supermercado, dar un paseo...etc) para conversar e ampliar o seu vocabulario.

  • Ver libros de imaxes e fotografías comentando todo o que alí hai.

     Ilustración de Kelly Kennedy

  • Tras lerlle un conto, asegurarse que o entendeu pedíndolle que identifique ás persoaxes e explique o que fan. Tamén é moi importante que o/a neno/a conte aos adultos o conto.

Estimulación da linguaxe oral

Ilustración de Nancy Cote

CONSELLOS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL
  • Adicar un tempo diario a falar cos fillos. Os pais, dende o entorno familiar, poden estimular a linguaxe oral dunha maneira lúdica.
  • Deixar que o/a neno/a se exprese á súa maneira. Se comete erros cando fala non debemos rirnos, o máis recomendable é ampliar e reorganizar as súas expresións dándolle un modelo correcto.
  • Escoitar ao/á neno/a cando fala sen interrumpirlle e acostumalo/a a que saiba escoitar.
  • Ensinarlle a pedir as cousas correctamente evitando que use xestos ou monosílabos.
  • Non respostar no lugar do/a neno/a. É importante que fagamos preguntas que impliquen unha resposta máis elaborada ca un simple “si” ou “non”.
  • Non usar unha linguaxe simple e infantil e evitar os diminutivos. O/a neno/a utiliza esta linguaxe infantil porque se atopa nese momento evolutivo, pero non debemos imitar a súa maneira de falar,senón proporcionarlle o modelo correcto.
  • Evitar a sobreprotección e darlle responsabilidades que lle fagan sentirse maior.