O coidado da nosa voz

Agora que a chuvia e o frío chegaron para acompañarnos neste remate do outono, é moi importante coidar ben a nosa voz. Sabemos que o máis importante é non forzala e falar baixiño, sen berros. Tamén temos que abrigarnos ben e dispoñemos de alimentos naturais que axudan a manter fortes as nosas defensas : o mel e o limón.


O poema "El juego de hablar bajito" lémbranos como debemos falar para ter sempre a nosa voz nas mellores condicións posibles.










Adiviñas

Que cousas cousiñas relacionadas coa linguaxe oral temos que adiviñar? Bótalle un ollo e axiña o verás!




















¡Soubéronas todas todiñas, a estes nenos e nenas non se lle se escapa nen unha!





Esta mañá en Guísamo, Candela trouxo á escola un precioso libro de adiviñas da súa tía para amosarllo aos compañeir@s. Pasamos un ratiño moi divertido lendo adiviñas e, coma hoxe tocaba traballar a letra "u" atopamos no libro unha adiviña que nos foi "que nin pintada".
¡Graciñas Candela! (& familia :-)



Educapeques : xogo de audición e linguaxe



Na páxina de Educapeques hay varios xogos interesantes para pasar un ratiño divertido. Nun deles hai un apartado adicado a Audición e Linguaxe onde podemos atopar  varias actividades :"¿Cuál es el dibujo?"," El dibujo verdadero" "¿Qué es lo que suena?" (Pinchade nas imaxes para entrar)



Ainda que algúns dos xogos piden rexistrarse, se non queredes facelo hai varias que vos permiten o acceso sen rexistro (só tedes que ir pinchando nas figuras xeométricas).
Ademáis  das  actividades  de  Audición e Linguaxe hai outras para elexir : atención, memoria, percepción, conceptos básicos e lóxica.

 

Materiais para as familias : dominó de animais con erre



Seguimos a traballar o erre, esta vez cun dominó de animais en castelán que o levan no seu nome (ratón, cerdo, perro, ardilla, rinoceronte, serpiente, tortuga). Elaboreino pensando en vós, as familias, para que o descarguedes, o imprimades e o máis divertido, para que xoguedes cos vos@s fill@s. Dunha maneira lúdica practicarán a pronuncia do erre e pasaredes un ratiño estupendo. Animádesvos?








As cores de outono

 
Seguimos cos poemas do outono, despois de aprender tan ben o dos froitos imos agora co das cores do outono. Na escola de Carrio atopei uns recitadores fantásticos ¡¡vede o xenial que o fixeron!!


Conto acumulativo co son "R" forte

O son "R" forte é un dos que máis dificultade lles supón aos nos@s alumn@s de educación infantil. É preciso practicar con palabras que conteñan ese son e este contiño de animais que levan o "R" no seu nome vainos axudar a facelo.






Un axudante moi aplicado amósanos o que temos que facer coa lingua para pronunciar ben o "R" forte :

video

Secuencias temporais

Estamos a traballar con secuencias temporais : ordeamos e despois verbalizamos. Isto axúdanos a organizar mellor o noso descurso, a expresar correctamente o que pasa primeiro, o que pasa despois e o que pasa ao final.







Se queredes practicar con máis secuencias, nestas actividades de JClic atoparedes moitas para ordear. Eleximos o número de secuencias (3, 4 ou 5)  pinchamos na imaxe (aparecerá unha liña ao mover o rato) e despois no cadro no que debemos colocala. Podedes acceder ás actividades  AQUÍ


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...