" O peixe, o polbo e o golfiño "


Co conto da escola de Silvoso ímonos mergullar no mar para gozar coas aventuras de Glu-glú e Fan. 

Poñede as gafas e as aletas que marchamos... ¡ao fondo do mar!

 








 ¡¡ Felicitacións silvosiños !!



Rematamos xa a serie de entradas adicadas aos contos inventados pol@s nosos autores do CRA de Bergondo. Esta é unha actividade moi completa e significativa para @s nen@s porque se convirten así nos verdadeiros creadores das súas historias. Nas grabacións podedes comprobar que non len nen repiten o texto que aparece no conto, senón que nos contan a historia coas súas palabras, realmente, están verbalizando os seus propios relatos. 
O obradoiro de contos serviu tamén para que os nen@s desfrutasen e valorasen os contos inventados polos seus compañeir@s. Foi unha acividade na que tod@s, os nenos e mais eu o pasamos fenomenal e desexamos que vós o pasarades tan ben coma nós. 

6 comentarios:

  1. Noraboa Dolores por este traballo, é unha excelente idea iso de crear contos e compartilos. É unha actividade completísima na que os nenos síntense verdadeiros protagonistas, non hai máis que ver as súas cariñas ao ver as historias dos demáis e, xa non digamos, amosando os seus contos.E por suposto todas esas montaxes... están fenomenal. Noraboa outra vez. Unha aperta!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Moitas grazas, Rosa! Foi un traballo co que os nen@s estaban encantad@s, e douche a razón, ver as súas cariñas mirando os contos, non ten precio. ¡¡Unha aperta grande a ata mañá!!

      Eliminar
  2. Por certo o conto dos nenos de Silvoso, como non podía ser menos, tamén está precioso, jajajaaa. Noraboas aos silvosiños. Un bico de Rosa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A que está xenial?? Claro que si, ademáis moi mariñeiro que para iso sodes a escola que está máis preto do mar. ¡¡Biquiños!!

      Eliminar
  3. Noraboa os silvosiños polo conto tan bonito con ese protas mariños, é unha chulada, e noraboa tamén á profe pola iniciativa!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mañá, que teño clase con eles, veremos o teu comentario, vailles facer moita ilusión. ¡¡Biquiños!!

      Eliminar