La familia beee comparte las tareas

La familia beee é un proxecto de educación para a igualdade pensado para nenos e nenas de educación infantil onde se valora a importancia de compartir as tarefas entre toda a familia. (Clic na imaxe para entrar)

 



As nenas e os nenos e a saúde

Unha simpática canción que nos achega aos hábitos saudables.

Comer y crecer

Agora que estamos a traballar a unidade dos alimentos, atopei este material : Cuadernos de educación en valores. Por preguntar que no quede : comer y crecer, onde explican dun xeito moi didáctico moitas cuestións sobre a alimentación. (Clicar na imaxe para ver o documento pdf)




Fonte :   http://educarenigualdad.org/

Día do libro




A lectura desenrola nos nenos e nenas a imaxinación e a creatividade, mellora a capacidade de concentración e memoria e enriquece o vocabulario. Para celebrar o día do libro non hai regalo mellor que un conto. Déixovos o enlace a unha páxina con moitos contos que de seguro vos farán desfrutar! (Clic na imaxe)



Expresión oral : a descrición


Partindo da observación dunha cortiza de árbore co burato que fixo o peto nela e dous niños de paxaros, traballamos a descrición e ampliamos o vocabulario.


Expresión oral : a conversa

Nas sesións de estimulación da linguaxe traballamos  (entre outras cousas) a expresión oral das vivencias de cada neno/a. Fomentamos e valoramos o diálogo cos compañeiros/as respectando as quendas e seguindo comprensivamente a conversa. Aquí temos unhas imaxes dos "peques" de Guísamo que xa apuntan maneiras de futuros/as oradores/as.


Xoga con Fervello

A través deste grupo de once xogos, o neno ou a nena pode familiarizarse coa lingua galega dun xeito lúdico mentres que tamén vai desenvolvendo outras capacidades (memoria visual, auditiva...). 
Os protagonistas son  Fervello (un morcego), Fuco (un neno), Xana (unha nena) e Farragús (un can). 
Clicar na imaxe para xogar.

Poema "primaveral"











Este foi ó mar

As lerias, cantigas ou ditos populares son unha fonte de aprendizaxe coa que divertirse. Pero tamén axudan e estimulan dun xeito moi lúdico o desenrolo da linguaxe. 
( Extraída da páxina  Orella pendella )

Este foi ó mar e non pescou nada.
Este foi ó mar e pescou unha pescada.
Este quedou en terra e lavouna ben lavada.
Este quedou en terra e fixo unha caldeirada.
E este lambón, lacazán... ¡papouna, ben papada!

Pepe da Nogueira : artesán da madeira

O Equipo de Normalización Lingüística do CRA de Bergondo organizou a visita ás escolas dun artesán e artista da madeira do noso concello : Pepe da Nogueira. 





Esta mañá estivo na escola de Guísamo, deixándonos abraiados coas súas obras.

Onomatopeias de animais

ki...ki...ri...kiiiiiiiiiiii            





miauuu...miauuu...miau





beeeeeeee...beeeeeee...beeeeeee






guau...guau...guau





croac...croac...croac





muuuu...muuuu...muuuu


Sons de animais


Elefante, cabalo, serpe, can, gato, porco... son algúns dos animais que podemos escoitar neste vídeo.
Xogamos a imitalos?

Praxias bucofaciais


¿A qué sabe la luna?

A que pensades que sabe a lúa? Neste bonito conto poderemos descubrilo...


Imaxes de animais co son "rr"

O son "rr" é un dos que máis dificultade lle supón aos nenos. Imos ver unhas imaxes de animais que levan o son "rr" no seu nome (en castelán)