Mostrando entradas con la etiqueta actividades interactivas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades interactivas. Mostrar todas las entradas

Escoita e descubre cal é



No seguinte vídeo, temos que escoitar atentamente o que nos di para así acertar as preguntas:



E como saiu tan ben, rematamos con esta actividade interactiva donde hai que atopar o intruso:


Tempo de praia


Xa estamos no tempo e moitas e moitos de vos ides á praia. Pois hoxe as actividades que propoño están relacionadas con ela.
Primeiro un xogo de memoria, pero, ollo!! as imaxes son algo similares, polo que teredes que fixaros moito:


Imaxes do xogo de memoria : Designed by Freepik


E rematamos cunha ficha interactiva. Para saber o que hai que facer, escoitade o audio, que aí volo explico:

Día Mundial do Medio Ambiente


Hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente e ten que facernos pensar no noso xeito de tratar á natureza. Temos que reflexionar e cambiar o camiño que levamos, porque non é bo para o noso planeta.

Nesta actividade podemos ver que accións poñen triste ao planeta e cales o axudan a mellorar. 
Estou segura de que o ides facer moi ben:




O supermercado

Imaxes : pixabay

Imos ao supermercado!!

Durante todo este tempo de confinamento, as traballadoras e os traballadores dos supermercados, fixeron un labor moi importante, axudando a que non nos faltara de nada e puideramos ir comprar con seguridade e tranquilidade. 

Hoxe temos unha actividade de Pictojuegos donde teremos que ir colocando as pegatinas no seu lugar á vez que practicamos o noso vocabulario.



Agora temos un crebacabezas sinxelo:




E rematamos cun xogo de memoria:









Ordeamos un pouco?


Que tal se facemos un "Marie Kondo" ?



Animádesvos, verdade?

Temos que encher o armario e o frigorífico e cada cousiña ten que ir ben ordeada no seu lugar. 
Cando as vaiamos colocando, decimos os seus nomes...Así practicamos o vocabulario!!




Agora unha adiviña, relacionada co xogo:


Imaxes utilizadas na adiviña: Designed by Freepik 


Se premes AQUÍ verás 👀 a solución.



M O I      B E N!!

Descubrimos as imaxes intrusas



Toca estar ben atentos e atentas para descubrir as imaxes intrusas...

Estades preparadas e preparados??


Nesta actividade interactiva hai que colocar as imaxes da mesma categoría á esquerda e a imaxe intrusa á dereita, na zona azul.



E nesta ficha interactiva hai que atopar a imaxe intrusa que se colou en cada un dos círculos e clicar enriba dela 👇


Verbo+obxecto


Nesta actividade interactiva temos accións e obxectos que hai que xuntar e formar pequenas frases :

 Exemplo: unimos BEBER con ZUME DE LARANXA 
e formamos a frase 
"A rapaza bebe zume de laranxa"



E agora imos cun xogo de memoria cos verbos da actividade anterior:


Palabras con R inversa


Imaxe : Designed by Freepik




Os xogos que temos hoxe son para practicar a pronuncia de palabras con R inversa:

-ar- -er- -ir- -or- -ur-


Empezamos clasificando



Continuamos cun xogo de memoria no que non olvidamos ir pronunciando as palabras que descubrimos:



E rematamos cun crebacabezas dun parque que, ainda que agora non se pode desfrutar nel, esperemos que axiña si o poidades facer.



Imaxe : Designed by Freepik

Donde vai cada cousa?

Imaxes : Designed by Freepik


Imos colocar cada obxecto no seu sitio, na cociña ou no baño:




A cociña


Imaxes : Designed by Freepik

O baño


Imaxes : Designed by Freepik



Para rematar, este vídeo de Eugenia Romero cun xogo para descubrir donde podemos atopar diferentes obxectos da casa:




MOI BEN!!