O dragón Pepón ten un montón de xogos de linguaxe e un dos que máis nos gustou foi o de buscar parellas. Traballamos o singular e o plural con vocabulario do conto "Pepón e o Magosto".
Leria da castaña
Novembro, tempo de outono e castañas, trae tamén unha leria que recitamos e representamos con moito xeito :
Tamén fixemos un pouco de "exercicio" coas nosas linguas, as castañas axudáronnos a practicar as praxias linguais.
E se vos animades a facer na casa as praxias déixovos un dado para pasar un ratiño divertido xogando :
Etiquetas:
actividades P.E.L.,
materiais para as familias,
praxias
Materiais para as familias : xogo do "GR"
Hai uns días a nai dunha alumna pediume un xogo para practicar coa súa filla o son "GR". A moit@s nenos e nenas destas idades lles costa pronunciar os sinfóns con "R" (pr-cr-br-fr-gr-dr-tr) e xunto coa pronuncia do "rr" forte soe ser unha das derradeiras adquisicións.
Con este xogo podedes practicar a pronuncia de palabras con "GR".
Palabras do xogo :
bolígrafo, fotografía, granada, granizo, grifo, grapadora, gris, grúa, grulla, grupo, lágrima, tigre, negro, vinagre, granja, cangrejo, grillo, peregrino, ogro, peligro, sangre.
Tamén estou a preparar un xogo con palabras que conteñan os outros sinfóns e en canto o teña rematado, subiereino ao blogue para poñelo á vosa disposición.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)