¡¡ Boas vacacións !!

Rematamos xa as clases e dende aquí quero desexarvos un bo verán. Os nenos e nenas reciben así de content@s as vacacións. Desfrutade moito e vémonos en setembro.

¡¡Felices vacacións a tod@s!!















" O peixe, o polbo e o golfiño "


Co conto da escola de Silvoso ímonos mergullar no mar para gozar coas aventuras de Glu-glú e Fan. 

Poñede as gafas e as aletas que marchamos... ¡ao fondo do mar!

 








 ¡¡ Felicitacións silvosiños !!



Rematamos xa a serie de entradas adicadas aos contos inventados pol@s nosos autores do CRA de Bergondo. Esta é unha actividade moi completa e significativa para @s nen@s porque se convirten así nos verdadeiros creadores das súas historias. Nas grabacións podedes comprobar que non len nen repiten o texto que aparece no conto, senón que nos contan a historia coas súas palabras, realmente, están verbalizando os seus propios relatos. 
O obradoiro de contos serviu tamén para que os nen@s desfrutasen e valorasen os contos inventados polos seus compañeir@s. Foi unha acividade na que tod@s, os nenos e mais eu o pasamos fenomenal e desexamos que vós o pasarades tan ben coma nós. 

" As xoaniñas do bosque "


Na aula das xoaniñas de Carrio inventaron un conto no que as protagonistas son ... ¡ dúas xoaniñas ! 

Vede agora o que pasou con Sil e Lasa cando o lobo fixo a súa aparición.







 ¡¡ Noraboa a tod@s !!



" O dragón Lucho "


O dragón Lucho, a raíña e mailos cabaleiros son as persoaxes dun conto sorprendente e divertido inventado pol@s nen@s da aula dos cadrados de Guísamo.

¡Xa veredes o ben que o ides pasar con el!











¡¡ Noraboa a tod@s  !!


"O peixe Martín"


Na aula das bolboretas de Carrio o peixe Martín ten un problema. Por sorte tamén conta cun bo amigo que lle vai axudar.
¿Queredes saber como? 









¡¡ Bravo bolboretiñas !!

" A vaca conductora "


Parece que na aula dos triángulos de Guísamo hai unha vaca que lle quere facer a competencia a Fernando Alonso...
Os "peques" de Guísamo inventaron un fermoso conto ambientado nunha granxa. Alí hai unha vaca que non lle ten medo a nada...

¡Pasade a ver cal foi a súa aventura!









¡¡ Noraboa a tod@s !!



" A amiga da xirafa "



Os nenos e nenas da escola de Vixoi, inventaron un conto moi fermoso sobre a amizade. 

¡Xa veredes canto vos vai gustar!







¡¡ Felicitacións !!




"O elefante e o mono"


Empezamos pola aula dos círculos de Guísamo. Inventaron un conto moi bonito no que os protagonistas son un elefante chamado Max e un mono bastante xoguetón que aprendeu unha boa lección. 

¿Querédelo ver?








¡¡ Noraboa a tod@s !!


¡¡ Os nosos propios contos !!


Gústannos tanto os contos que ...

¡¡ fixemos os nosos propios !! 

Inventamos as persoaxes, creamos
as nosas historias...

e agora querémolas compartir con vós!




 Se pinchades nas persoaxes ou nas fotos que saen a continuación, levaravos á entrada de cada un dos contos.


Na aula dos círculos de Guísamo, Max, un elefante moi tranquilo, coñece a un mono que é algo traviesiño...


Na escola de Vixoi, unha xirafa que anda algo triste pola selva adiante, coñecerá a unha amiga.


Ui, ui, ui ... á clase dos triángulos de Guísamo chegou ¡¡ unha vaca conductora !!



E pola clase das bolboretas de Carrio, anda Martín, un simpático peixe que se vai meter nun problema...



Quen será Lucho ??  
Disque un dragón moi pero que moi especial...


E na clase das xoaniñas de Carrio, as protagonistas do seu conto non podían ser outras que ...

... ¡¡ dúas xoaniñas !!



Coma están cerquiña do mar, na escola de Silvoso inventaron un conto cun peixe, un polbo e un golfiño...



Ata aquí a presentación dos contos que fixemos polas escolas. Pero agora tedes que velos e escoitalos. As persoaxes das nosas historias cobran vida (virtual) para facer as delicias dos máis peques, que o pasaron moi ben vendo os vídeos que sairon dos nosos contos.


Nas próximas entradas veredes todos os contos, ¡estade atent@s! 


¡Visitamos o CPI Cruz do Sar!


Coma outros anos, fixemos a nosa visita ao CPI Cruz do Sar, para que os/as nos@s alumn@s maiores coñezan o seu novo cole. Coma sempre, vimos felices da agarimosa acollida que sempre nos dan e o gran esforzo que fan para que esa mañá que compartimos sexa moi especial. Vimos os estupendos traballos sobre a arte que fixeron, asistimos a unha actuación musical fantástica, invitáronnos a unha merendola deliciosa e moi artística, tivemos uns guías xeniais que nos levaron polos edificios do cole, para así familiarizarnos con el, fixemos no "poli" un montón de  xogos divertidos ... ¡¡Foi unha xornada inolvidable!!

¡¡Moitas grazas a tódolos compañeir@s do CPI polo esforzo realizado!!


 

Coidamos o medio ambiente



Estos días as nosas conversas tratan sobre o coidado do medio ambiente. Nun conto, Laura e os seus amigos Mole-Mole e Panocha, explican con rimas as cousas que temos que facer para mellorar o medio ambiente : coidar das plantas, reciclar, non facer lume no monte, compartir con outros a roupiña que xa non nos serve, tratar con respecto aos animais, vixiar que as fábricas non contaminen... Todo é importante, e cada un de nós pode poñer o seu gran de area para coidar a natureza.

Tamén na Escola de Silvoso saben moito disto e falannos da importancia de tratar o mellor posible o noso planeta.



Xogamos ao turno de palabra

Xa sabemos o importante que é escoitar aos demáis cando nos contan algo, porque tamén nos gusta que nos escoiten cando somos nós os/as que falamos. 
Ainda que no tempo que adicamos a falar nas sesións de estimulación da linguaxe, lembramos a importancia de respectar o turno de palabra, tamén resulta divertido facelo coma un xogo. 
E así foi coma xurdiu o "Xogo do turno de palabra"


Unha tarxeta grande (para vela ben) co turno de palabra é para o neno ou nena que vai falar e as tarxetas pequenas que nos recordan que hai que estar caladiños e ben atentos son para o resto d@s compañeir@s.


No comezo do xogo, o/a encargad@ é quen lle reparte aos compis as tarxetas pequenas.


Cando rematamos de falar, pasámoslle a outr@ compañeir@ o turno de palabra.











E así, de xeito lúdico, cun xogo, interiorizamos esa norma tan importante para a convivencia, que é respectar o turno de palabra e escoitar o que os demáis nos aportan coas súas palabras.