Mostrando entradas con la etiqueta recomendacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recomendacións. Mostrar todas las entradas
Recomendacións sobre o uso do chupete
A Asociación Española de
Pediatría de Atención Primaria considera convinte reducir o uso do
chupete na segunda metade do primeiro ano limitando o uso a
situacións de nerviosismo e para durmir.
O uso habitual do chupete
(ou succión do dedo) impide exercitar os músculos precisos para a
producción da fala e a linguaxe. Estos músculos son tamén
responsables da respiración e maila deglución, polo que o uso
prolongado no tempo do chupete pode chegar a producir alteracións
morfolóxicas e funcionais do sistema orofacial.
O exceso no uso do chupete
pode ocasionar :
- Dificultades no control da lingua ou dos beizos.
- Postura inadecuada da lingua na cavidade bucal, manténdose excesivamente adiantada e dificultando unha boa articulación.
- Retraso na intención comunicativa a través da linguaxe oral que vai sustituir sinalando ou con xestos.
- Alteracións no crecemento dos dentes, ocasionando problemas na mordida ou desprazamento dos dentes.
¿Como quitar o chupete?
- É importante identificar cando o/a neno/a recurre ao chupete só porque está inactivo/a e ofrecerlle alternativas a estas situacións.
- Pódese negociar cos nenos/as así coma establecer retos para deixar de utilizalos, pero nunca recurrir ao castigo.
- Tamén é apropiado explicarlles as consecuencias do uso prolongado do chupete.
Algúns contos poden servir de axuda cando toca despedirse do chupete :
Tamén hai iniciativas orixinais coma a "Árbore dos chupetes" da que poderedes saber máis premendo AQUÍ
Ademáis, temos a canción dos Lunnis para despedirse do chupete :
Etiquetas:
recomendacións
Sencarie : programa de saúde bucodental
SENCARIE é un programa de saúde bucodental da Xunta de Galicia destinado á comunidade educativa. Nesta aplicación multimedia con xogos educativos @s nen@s poden repasar dun xeito os principais conceptos que se deben coñecer en materia de saúde bucodental.
Unhas persoaxes moi simpáticas vannos ensinar como coidar e manter en perfecto estado a nosa boca e os nosos dentes :
Hai actividades para a nosa etapa, Educación Infantil :
Para acceder aos xogos non tedes máis que pinchar en calquera das imaxes. E lembrade, manter a nosa boca en perfecto estado é moi importante.
Etiquetas:
recomendacións,
xogos
Estimulación da linguaxe. Orientacións para as familias
O contorno familiar non só é o ámbito natural para o desenvolvemento da comunicación, é tamén o único que pode proporcionar unha estimulación intensiva ao longo dos 365 días do ano. Por outra parte, esta estimulación está profundamente unida ás condutas espontáneas e naturais da vida cotiá.
Dentro das actividades da vida diaria hai algunhas que, pola especial relación que se produce entre o neno e os pais, son moi apropiadas para a estimulación da linguaxe: a comida, o baño, o vestirse, o deitarse, cando o/a fillo/a xoga...
Dentro das actividades da vida diaria hai algunhas que, pola especial relación que se produce entre o neno e os pais, son moi apropiadas para a estimulación da linguaxe: a comida, o baño, o vestirse, o deitarse, cando o/a fillo/a xoga...
As distintas actividades da vida diaria son moi axeitadas para estimular a linguaxe das nenas e dos nenos.
Pero ademais non só se poden aproveitar estas situacións naturais e espontáneas da vida diaria para a estimulación da linguaxe do/da neno/a, tamén podemos provocar nós algunhas situacións como comprar un conto e lerllo ou polo menos mirar os debuxos, contarlle algún conto adaptado á súa idade, ir a unha feira, ao campo, ao parque... e comentar o que vemos.
Carolyn CrollAga Kowalska
ALGUNHAS ACTIVIDADES MÁIS CONCRETAS
Non darlle demasiados mecos
- A sobreprotección atrasa o desenvolvemento xeral e, polo tanto, a linguaxe. Débese fomentar a autonomía, animándoo a facer cousas e valorar o que fai aínda que sexa imperfecto.
Calquera forma de comunicación é interesante
- Favorecer un clima familiar agradable no que o/a neno/a experimente o pracer e a necesidade de comunicarse. Esta comunicación pode ser oral, utilizando algún son ou palabra, e tamén xestual, sinalando ou indicando algo coa man.
Ofrecer bos modelos de expresión oral
- Non falarlle á présa.
- Evitar a afectación e o meco ao falarlle.
- Articular ben.
- Utilizar un vocabulario adaptado ao/á neno/a, pero facendo este cada vez máis amplo.
- Evitar os ruídos de fondo que dificultan a discriminación auditiva.
- Fomentar a conversa aínda que, por parte do/da neno/a, sexa moi sinxela.
Favorecer a mobilidade e a axilidade dos órganos buco-faciais
- Xogar a poñer caras feas, a facer movementos da lingua, a facer vibrar os labios… e observar a cara nun espello.
- Acostumar o/a neno/a a utilizar un pano cantas veces o necesite e a limpar os mocos correctamente de forma autónoma.
Favorecer a percepción auditiva
- Chamar a atención sobre algún son e pedirlle silencio para escoitar mellor, procurando que centre a atención no que oe: ”parece que chamaron á porta, ¿quen será?”, “óense voces, ¿quen chegaría?”
- No campo: óese cantar un paxaro, ¿onde estará? Igualmente escoitamos as ras dun estanque, o zoar do vento entre as árbores, os sons doutros animais, o son da choiva...
- Na cociña: fixámonos no ruído da batedor, do muíño, no son rítmico de bater os ovos, da auga da billa…
- Cando lemos un conto ou xogamos co/coa neno/a, imitar as voces das distintas personaxes, enfatizando a entoación.
- Xogar a adiviñar polo son o que acontece en sitios próximos: ¿a ver se adiviñas que pasa na rúa?, ¿que fai mamá na cociña?, ¿que programas emiten na tele?...
- Pechamos os ollos e escoitamos un anuncio da tele intentando identificar distintos sons.
- Confeccionar un “dicionario infantil” utilizando debuxos feitos polo/pola neno/a, recortes de publicidade... e ir clasificándoos pola súa letra inicial e engadindo os que vaian xurdindo.
Que fomenten a correcta articulación
- Cando un neno ou unha nena ten dificultades específicas nalgún fonema, non convén que as persoas adultas fixen constantemente a súa atención e a do neno ou nena sobre este defecto. É mellor devolverllo ben pronunciado, poñendo énfase na articulación correcta pero sen chamar a atención do rapaz ou da rapaza sobre o fonema mal articulado.
Que amplíen o vocabulario comprensivo e expresivo
- Observar o que vemos polas fiestras da casa.
- Comentar o que vemos a través da fiestra do coche adaptándonos á idade do/da neno/a: animais, árbores, edificacións, características da paisaxe...
- Nos contos con pouco texto e abundantes imaxes, ir nomeando o que aparece nos debuxos, fotos, láminas... segundo o seu interese.
- Cando facemos algunha reparación na casa (ao ordenar caixóns, armarios…) buscar a colaboración do/da neno/a e ir verbalizando o que facemos. Da mesma maneira podemos proceder cando facemos unha ensalada, un pastel ou outra comida.
Abby Carter
- Ao saír de compras, comentar as cousas que hai na tenda. Nomear o máximo de cousas e non só o que se vai comprar.
Jannie Ho
- Aproveitar a excursión ao campo ou unha saída ao parque para ampliar o seu vocabulario.
- Fomentar e propiciar as situacións de diálogo . Falarlle e escoitalo/la moito, de maneira que se estableza unha situación estimulante, desde o punto de vista lingüístico, na que o/a neno/a reciba numerosas e variadas mensaxes e sexa incitado/da a responder activamente coa súa propia linguaxe.
Mick Reid
- Responder as preguntas que faga: ¿que é?, ¿para que serve?, ¿por que? Convén que as respostas sexan sinxelas e teñan un carácter explicativo.
- Comentar en voz alta o que se está a facer.
- Comezar a resposta do/da neno/a dicíndolle a primeira sílaba, palabra ou frase para que a remate: ”poñemos o panta…”, “a tesoira serve para…” Non importa que a resposta sexa incorrecta, como “eta” por chaqueta ou “atos” por zapatos. O importante é que se exprese. Nós reforzaremos a resposta devolvéndolle a palabra completa, pero sen corrixila de forma explícita.
- Recoller o enunciado que construíu mal e devolverllo aplicándolle algunha corrección e/ou ampliación.
- Nai: ¿que é?
- Neno: u fate
- Nai: un elefante grande
- Nai: ¿qué é?
- Neno: ote
- Nai: si, un coche vermello
- Neno: u fate
- Nai: un elefante grande
- Nai: ¿qué é?
- Neno: ote
- Nai: si, un coche vermello
FACER DA ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE UN XOGO DIVERTIDO NO QUE TOMAN PARTE OS NENOS E/OU AS NENAS E AS SÚAS FAMILIAS
Estas recomendacións están extraídas dun material elaborado pola Xunta de Galicia e mailos Equipos de Orientación específicos.
Etiquetas:
recomendacións
A tartamudez infantil
Ilustración de Jing Jing Tsong
Os erros de fluidez son repeticións de sons, sílabas ou palabras, vacilacións ou indecisións que interrompen a fala. Estas dificultades son frecuentes en nenos/as de Educación Infantil.
Cando nos atopamos ante un problema de fluidez na fala ou tartamudez, é importante seguir estas recomendacións :
- Adicar tódolos días de 15 a 20 minutos a falar co/a neno/a, ver/ler algún conto xuntos, facerlle comentarios sobre o que o adulto fixo ao longo do día, sen presas e procurando que a situación sexa agradable, amosándolle que se desfruta falando con él/ela.
- Manter o contacto ocular de xeito natural ao falar con él/ela, escoitándolle con atención e amosando interese polo que di, facéndolle ver que se lle entendeu.
- Prestar máis atención ao que di que ás fallas de fluidez, sen amosar preocupación cando se produzan. É fundamental reaccionar dunha forma neutra ignorando a conducta da tartamudez.
- Esperar un breve espacio de tempo antes de responderlle. Así tamén aprende a non interrumpir nin apresurarse para falar.
- Fallarlle amodo, facendo pausas entre as frases, así nos poderá imitar e presentará menos tatexos. Que consigamos reducir a velocidade da fala cando conversamos con él/ela é un dos obxectivos primordiais. Este xeito lento de falar ten que soar natural, para que a/o neno/a non lle resulte extraño. (Pódese lentificar a fala alongando os silencios e articulando máis amodo)
- Darlle tempo para respostar e expresarse. Hai que esperar que remate de falar sen amosar impaciencia. Non interrumpilo/a nen acabarlle a palabra ou a frase.
- Cando o/a neno/a se amosa moi nervioso/a, querendo dicir moitas cousas e monopolizando a conversa debemos crear unha situación máis calmada intercalando comentarios e intentando instaurar un ritmo tranquilo.
- Falarlle con frases curtas e sinxelas, axeitadas ao seu nivel de madurez. Temos que evitar falarlle con frases excesivamente longas, facerlle demasiadas preguntas xuntas, darlle instruccións complexas ou usar un vocabulario complicado para o/a neno/a.
- Utilizar nalgunhas ocasións pausas na conversa, incluso algunha repetición de palabras ou frases, de modo que non se sinta presionado/a por falar correctamente, vexa esa conducta como algo natural e observe como o adulto resolve a dificultade.
- Na conversa non facerlle demasiadas preguntas, é mellor realizar comentarios ou observacións sobre o que está a facer nese momento. É importante non facerlle preguntas que supoñan respostas largas.
- Non presionarlle para que fale con outros adultos se non quere facelo, xa que falar baixo presión pode dificultar a fluidez.
- Non é frecuente que un/unha neno/a pequeno/a comente nada sobre as súas dificultades, pero si pode chegar a amosar incomodidade ou frustración por non poder falar fluido nun momento dado. Pero si xurde o tema, é importante referirse aos erros de fluidez como unha dificultade puntual con esa palabra nese momento, e non facer referencia á tartamudez. Falaremos das súas dificultades como “atascos” “repeticións” ou termos parecidos.
- Cando hai varios membros na familia, hai que facilitarlle participar nas conversas, establecendo turnos para que poida expresarse como o resto dos/das irmáns/ás.
- Nunca darlle consellos no momento no que cometa erros como “fala amodo”, “tranquilo/a”, “respira”...
- Non correxirlle directamente a súa maneira de falar ou pronunciar, nin facerlle repetir o que acaba de dicir. O que si podemos facer é introducir na nosa resposta o modelo correcto da/s palabra/s nas que presentou problemas.
- Reforzar frecuentemente os seus aspectos positivos en xeral, para proporcionarlle maior seguridade en si mesmo/a.
Etiquetas:
recomendacións,
tartamudez
Momentos e actividades para a linguaxe oral
Ilustración de Brenda Sexton
- Xogar ás onomatopeias imitando animais, accións ou sons coñecidos. No momento de ler un conto facerlle as onomatopeias e animarlle a que as repita.
- Aprender e recitar xuntos adiviñas,cancións, lerias...etc.
Ilustración de Suzanne Beaky - Xogar a facer xestos diante do espello.
- Realizar exercicios de soplo.
- Aproveitar calquera momento cotidiano (saída da escola, facer a comida, ir ao supermercado, dar un paseo...etc) para conversar e ampliar o seu vocabulario.
- Ver libros de imaxes e fotografías comentando todo o que alí hai.
Ilustración de Kelly Kennedy
- Tras lerlle un conto, asegurarse que o entendeu pedíndolle que identifique ás persoaxes e explique o que fan. Tamén é moi importante que o/a neno/a conte aos adultos o conto.
Etiquetas:
recomendacións
Estimulación da linguaxe oral
Ilustración de Nancy Cote
CONSELLOS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL
- Adicar un tempo diario a falar cos fillos. Os pais, dende o entorno familiar, poden estimular a linguaxe oral dunha maneira lúdica.
- Deixar que o/a neno/a se exprese á súa maneira. Se comete erros cando fala non debemos rirnos, o máis recomendable é ampliar e reorganizar as súas expresións dándolle un modelo correcto.
- Escoitar ao/á neno/a cando fala sen interrumpirlle e acostumalo/a a que saiba escoitar.
- Ensinarlle a pedir as cousas correctamente evitando que use xestos ou monosílabos.
- Non respostar no lugar do/a neno/a. É importante que fagamos preguntas que impliquen unha resposta máis elaborada ca un simple “si” ou “non”.
- Non usar unha linguaxe simple e infantil e evitar os diminutivos. O/a neno/a utiliza esta linguaxe infantil porque se atopa nese momento evolutivo, pero non debemos imitar a súa maneira de falar,senón proporcionarlle o modelo correcto.
- Evitar a sobreprotección e darlle responsabilidades que lle fagan sentirse maior.
Etiquetas:
recomendacións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

































