A visita do Apalpador polo Nadal




O noso centro, desde hai uns anos, sumouse á iniciativa de moitos outros colexios galegos, de recuperar a figura do Apalpador ou Pandigueiro. 

Este vello carboeiro é moi respectuoso co medio ambiente e anímanos a coidar da natureza e do noso entorno.












Chegou do Caurel para vernos e traer as novas da súa terra. Amosounos sementes, falounos da importancia de coidar dos nosos bosques e compartiu connosco unhas deliciosas mazás.


Xa sabemos que a froita é moi importante para medrar sans e fortes!!


Tamén nos amosou fermosos xoguetes feitos de xeito artesanal :



Moitas grazas Pandigueiro, por compartir a túa sabedoría!!!

 

Celebramos o Magosto


Chegou o outono e con el a celebración do noso Magosto. Este ano foi moi especial porque o lugar elexido para esta festa tan nosa, foi o Albergue de Gandarío. Agradecemos a tod@s os que alí traballan o bo acollemento que nos deron. Contamos tamén coma todos os anos, coa inestimable axuda de Protección Civil de Bergondo, que asou e repartiu as castañas. 


Fixemos divertidos xogos, cantamos a canción do outono, comemos as castañas e gozamos da natureza!! 
Unha xornada inolvidable!!














Castrex@s no C.R.A. de Bergondo!!




Dentro do noso proxecto anual "Unha viaxe ao pasado", neste terceiro trimestre aprendemos moito acerca dos castrexos. A profe Livia fixo unha visita moi especial por todas as escolas para explicarnos como vivían nesa época. A través dun conto e dos materiais que nos trouxeron, puidemos coñecer mellor e de xeito significativo, a forma de vida dos castrexos.



A profe Livia veu acompañada de membros do grupo de música tradicional SON DE LUGH e da Asociación de Recreación Histórica Castrexa LUGDUNUM.
 







 
Moitas grazas a Livia, Manel, Juan e Nacho, encantounos a vosa visita!!


A visita ao C.P.I. Cruz do Sar


Fixemos unha visita ao C.P.I. Cruz do Sar, que é o centro ao que van os nosos/as alumnos/as tras deixar o Colexio Rural Agrupado de Bergondo.
Percorremos as instalacións e participamos en todas as actividades previstas. 



Vimos as curtas que fixeron os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria e por suposto, encantáronnos!!



 

Visitamos a nova biblioteca do Cruz do Sar e amosamos os traballos feitos co noso proxecto : "Unha viaxe ao pasado". 
Unímonos así ao tema deste curso no CPI : "E ti de quen ves sendo?", explicando todo o que aprendemos ao longo deste curso sobre a Prehistoria e os Castrexos.





Podedes ver  o libro do proxecto anual, elaborado dende a Biblioteca do C.R.A. de Bergondo, picando na imaxe:

http://bibliotecadelcra.blogspot.com.es/2017/06/unha-viaxe-ao-pasado.html





No polideportivo do Cruz do Sar, fixemos uns xogos moi divertidos:





Tras tantas emocións, no comedor invitáronnos a repoñer forzas :



E, como remate final, cantamos e bailamos para agradecer ao C.P.I. Cruz do Sar unha xornada tan emocionante: