O mellor xeito de desexar unhas Felices Festas é coas imaxes d@s verdadeir@s protagonistas destas datas, os nenos e nenas do CRA de Bergondo.
Unhas boliñas de nadal moi divertidas
Así é...por tódalas escolas xa se respira un airiño moi navideño : as aulas énchense cos debuxos e os adornos feitos pol@s nen@s, as panxoliñas animan e atopamos árbores de nadal moi fermosas cheas de boliñas de cores. Pois nas sesións de estimulación da linguaxe, practicamos as praxias cunhas bolas navideñas moi divertidas que despois coloreamos e puxemos nas clases. Pasámolo moi ben e quedáronnos ben bonitiñas, vede...vede...
Aquí están as boliñas por se queredes practicar un pouco na casa. E lembrade...non se pode facer trampiña coa man, é a lingua ela soa, a que ten que facer toooodos eses exercicios!
Conversas coas que aprendemos
Falamos das cousas que están ben e das que non o están tanto. Chegamos a conclusións interesantes acerca de por que temos normas e por que é necesario cumplilas.
Falamos do que pasaría se non as tivésemos e lembramos as das nosas aulas. Conversando aprendemos moito e imos mellorando día a día a nosa capacidade comunicativa.
Falamos do que pasaría se non as tivésemos e lembramos as das nosas aulas. Conversando aprendemos moito e imos mellorando día a día a nosa capacidade comunicativa.
Etiquetas:
actividades P.E.L.,
educación en valores
Falando das nosas emocións
Os contos de educación emocional tratan diferentes vivencias emocionais : o medo, os celos, a vergoña, o enfado... Estes contos axudan ao desenvolvemento de competencias e habilidades necesarias para un bo desenrolo persoal.
Estes son os contos que traballamos neste primeiro trimestre :
A escuridade ainda nos da un pouquiño de medo, pero a porta un chisco aberta e as lámpadas acesas fannos máis valentes. Danos algo de vergoña falar con xente que coñecemos pouco e tamén achegarnos aos Reis Magos ou a Papa Noel para pedirlle os regalos... Xa non temos rabietas (bueeeno, ás veces algunha si, recoñecen algúns con sinceridade) e enfádanos que nos quiten os xoguetes. O que máis alegres nos pon é xogar cos nosos amigos e que os papás e mamás nos leven ao parque. E o máis importante, estamos a aprender que falando das nosas emocións e de como nos sentimos medramos emocionalmente cada día un pouquiño máis.
Etiquetas:
contos,
educación en valores
Sencarie : programa de saúde bucodental
SENCARIE é un programa de saúde bucodental da Xunta de Galicia destinado á comunidade educativa. Nesta aplicación multimedia con xogos educativos @s nen@s poden repasar dun xeito os principais conceptos que se deben coñecer en materia de saúde bucodental.
Unhas persoaxes moi simpáticas vannos ensinar como coidar e manter en perfecto estado a nosa boca e os nosos dentes :
Hai actividades para a nosa etapa, Educación Infantil :
Para acceder aos xogos non tedes máis que pinchar en calquera das imaxes. E lembrade, manter a nosa boca en perfecto estado é moi importante.
Etiquetas:
recomendacións,
xogos
O coidado da nosa voz
Agora que a chuvia e o frío chegaron para acompañarnos neste remate do outono, é moi importante coidar ben a nosa voz. Sabemos que o máis importante é non forzala e falar baixiño, sen berros. Tamén temos que abrigarnos ben e dispoñemos de alimentos naturais que axudan a manter fortes as nosas defensas : o mel e o limón.
O poema "El juego de hablar bajito" lémbranos como debemos falar para ter sempre a nosa voz nas mellores condicións posibles.
Etiquetas:
actividades P.E.L.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)