Nadal Galego : O Pandigueiro



Un ano máis tivemos a gran sorte de recibir a visita do Pandigueiro en tódalas escolas do CRA de Bergondo. Veu coa súa axudante Alicia e compartiu con nós uns poemas, unhas cantigas e algunha que outra adiviña. 







Falounos da súa terra, O Courel, e da importancia de coidar da natureza. Tamén nos lembrou que temos que alimentarnos ben para estar sans e fortes.
Trouxo xoguetes tradicionais e agasallounos con castañas e unha pizarra. Canto aprendemos coa súa sabedoría!!!













Fixemos moitas actividades para preparar esta visita tan especial que nos achegou ao nadal tradicional galego :










Outono, tempo de Samaín e Magosto


O tempo de outono convértese no centro de interese das nosas actividades da linguaxe oral. 



















  




Así de ben recitamos e cantamos a nosa leria de outono:





Tamén temos unha adiviña que propoñervos :

 





Un fermoso conto de Samaín achegounos a esta celebración:








E tamén celebramos o Magosto na Senra, neste vídeo veredes cantas cousiñas divertidas fixemos esa mañá



E, para rematar unhas fermosas cancións destas celebracións de outono 

S A M A Í N

 





M A G O S T O

Comezamos o novo curso !!



Quérovos dar a benvida neste comezo de curso e aproveitar para deixarvos unhas recomendacións para estimular a linguaxe d@s vos@s fill@s. 


CONSELLOS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL

  • Adicar un tempo diario a falar cos fillos. Os pais, dende o entorno familiar, poden estimular a linguaxe oral dunha maneira lúdica.

  • Deixar que o/a neno/a se exprese á súa maneira. Se comete erros cando fala non debemos rirnos, o máis recomendable éampliar e reorganizar as súas expresións dándolle un modelo correcto.

  • Escoitar ao/á neno/a cando fala sen interrumpirlle e acostumalo/a a que saiba escoitar.

  • Ensinarlle a pedir as cousas correctamente evitando que use xestos ou monosílabos.

  • Non respostar no lugar do/a neno/a. É importante que fagamos preguntas que impliquen unha resposta máis elaborada ca un simple “si” ou “non”.

  • Non usar unha linguaxe simple e infantil e evitar os diminutivos. O/a neno/a utiliza esta linguaxe infantil porque se atopa nese momento evolutivo, pero non debemos imitar a súa maneira de falar,senón proporcionarlle o modelo correcto.

  • Evitar a sobreprotección e darlle responsabilidades que lle fagan sentirse maior.

A visita ao CPI Cruz do Sar




Fixemos unha visita ao CPI Cruz do Sar e os nosos alumn@s maiores tiveron a ocasión de coñecer de preto o seu próximo cole. Quedamos encantad@s e agradecid@s co ben que nos recibiron e agasallaron no Cruz do Sar. 

Durante este último trimestre,aprendemos moitas cousiñas do noso concello, Bergondo. No CPI Cruz do Sar vimos os traballos que fixeron os seus alumn@s e tamén amosamos os que fixeron os máis peques do concello.

Neste vídeo, podedes ver como foi a nosa visita:


E para rematar, queremos compartir convosco o libriño de Bergondo que temos nas bibliotecas de tódalas escolas e que ilustraron moi ben os nenos e nenas. 

¡¡ SOMOS  BERGONDO !!

¡Dados para inventar contos!

 Ilustración de Maria Neradova







Xogamos cos dados de imaxes a inventar historias e deixando voar a imaxinación sairon uns contos moi divertidos!
Queredes escoitar algúns??


Letras Galegas 2014 : Xosé María Díaz Castro





Este ano, o Día das Letras Galegas adícase a Xosé María Díaz Castro e nós ademáis de coñecer cousiñas da súa vida, ilustramos algúns dos seus versos: 




Nestes vídeos podemos acercarnos á vida de Díaz Castro:


 


Aquí tedes unha fermosa animación do poema "Esmeralda" de Díaz Castro :




E por último, estas son as fichas coas que nos achegamos á obra do poeta:




Poemiña de primavera



















¡Así de ben recitou Carla o noso poema da primavera! ¡Escoitade atentamente!
 



A ficha do poema :