Saída fin de curso á granxa-escola Belelle

Rematamos as clases cunha divertida saída á granxa-escola Belelle. Foi unha xornada moi especial onde poidemos gozar cos animais que alí había e aprender moitas cousas sobre eles.
O dromedario fíxonos cóxegas cando lle demos de comer, a llama esperaba expectante que lle botaramos o pan, o pavo real deixounos abraiados coas cores das súas plumas, os ponis encantáronos e amosáronse moi tranquilos cando montamos neles. Tamén fixemos pan e sementamos no taller da horta. Todos levamos un recordo precioso desta xornada.

Convivimos na escola

Agora que remata o curso lembramos as normas básicas de convivencia que compartimos e impulsamos dende o CRA e temos recollidas no Plan de Convivencia Escolar. 
Saudando e despedíndonos, pedindo as cousas por favor e dando as grazas, colaborando e compartindo cos/coas nosos/as compañeiros/as, respectando os horarios da escola, coidando os materiais, xogando xuntos/as... así é como entre tod@s melloramos a convivencia día a día.



Visita ao CPI Cruz do Sar

Visitamos as instalacións do CPI Cruz do Sar e asistimos á representación "La flauta mágica" do Cruz do Sar moi ben interpretada pol@s alumn@s de 4º da ESO (vaia dende aquí novamente un forte aplauso, que ben o merecen).
 No colexio convidáronos a un menú europeo composto por : minipizzas italianas, salchichas alemanas, tortilla española, croquetas de arroz á portuguesa, patés franceses, queixos holandeses e chocolate belga.
Rematamos no pavillón moi alegremente bailando tod@s xuntos.
Moitas grazas ao CPI Cruz do Sar que nos agasallou cunha xornada chea de sorpresas!!



Europa e Mozart

Nas últimas semanas tódalas titoras e especialistas desenrolamos unha unidade conxunta e globalizada sobre a figura de Mozart. Concretamente, nas sesións de estimulación da linguaxe falamos sobre as viaxes de Mozart por Europa, os medios de transporte que utilizou e como eran as cidades e a vida naqueles tempos. Estas son algunhas das imaxes da actividade.


Tapóns de plástico para Iker

Dende o CRA de Bergondo queremos aportar o noso gran de area á iniciativa posta en marcha polos pais de Iker, un neno vasco que precisa dun aparato ortopédico.

Levamos algún tempo recollendo (con grande éxito de participación) tapóns nas escolas e un pai voluntario vaise encargar do transporte, polo que a data límite para traer tapóns é o venres 10 de xuño.

Estamos a gardar os tapóns recollidos na escola de Carrio ¡¡mirade cantos temos xa!!