Aprendemos e recitamos trabalinguas para practicar a pronuncia. É un xeito moi divertido de aumentar a precisión na fala.
Comezamos pronunciando amodo os trabalinguas para coller despois máis velocidade. Neste vídeo podedes ver e escoitar o ben que o facemos, xa que non é nada doado.
¿Animádesvos a dicilos connosco?