Fixemos unha visita ao CPI Cruz do Sar e os nosos alumn@s maiores tiveron a ocasión de coñecer de preto o seu próximo cole. Quedamos encantad@s e agradecid@s co ben que nos recibiron e agasallaron no Cruz do Sar.
Durante este último trimestre,aprendemos moitas cousiñas do noso concello, Bergondo. No CPI Cruz do Sar vimos os traballos que fixeron os seus alumn@s e tamén amosamos os que fixeron os máis peques do concello.
Neste vídeo, podedes ver como foi a nosa visita:
¡¡ SOMOS BERGONDO !!