Estamos xa en tempo de ENTROIDO e nas escolas do CRA de Bergondo estamos a aprender moitas cousas sobre o entroido tradicional galego. O curso pasado xa coñecemos algunhas persoaxes : os PELIQUEIROS de Laza, os BOTEIROS de Viana do Bolo, as PANTALLAS de Xinzo de Limia, os VOLANTES de Chantada e os XENERAIS da comarca do Ulla.
Se premedes na seguinte imaxe veredes a entrada completa :
Este ano tivemos unha visita moi especial, Ana, unha BOTEIRO de Viana do Bolo veu polas escolas a falarnos do entroido da súa terra.
Trouxo unha máscara que ainda non desfilou no entroido de Viana, polo que a vimos en primicia!
Vimos o traballo que levan as camisas dos BOTEIROS, con metros e metros de cintas de cores facendo fermosos debuxos, son verdadeiras obras de arte !!!
Coñecemos ben os nomes das cousas que levan os BOTEIROS : a MONCA axúdalles a dar chimpos, a MÁSCARA que é de madeira tápalles a cara e a PANTALLA, grande, vistosa e de moitas cores vese dende lonxe.
As ESQUILAS fan un son peculiar anunciando a chegada do BOTEIRO
Tamén nos trouxo un BOMBO para amosarnos os diferentes ritmos que ten cada FULIÓN
Os FULIÓNS son grupos de persoas que van tocando bombos e eixadas con martelos e os BOTEIROS van con eles abríndolles camiño.
Foi unha experiencia estupenda poder compartir con Ana o entroido auténtico de Viana. Agradecémoslle moitísimo a súa visita.
Lembrade mirar os BLOGUES DE AULA das diferentes escolas con moitas máis imaxes do paso de Ana polo CRA de Bergondo. Tamén veredes todas as actividades que se fixeron relacionadas co entroido tradicional galego. É moi interesante, non o perdades!!
Lembrade mirar os BLOGUES DE AULA das diferentes escolas con moitas máis imaxes do paso de Ana polo CRA de Bergondo. Tamén veredes todas as actividades que se fixeron relacionadas co entroido tradicional galego. É moi interesante, non o perdades!!
A visita dun BOTEIRO "de verdade" animounos a facer unhas máscaras coas que xogamos imaxinando que, por un intre, nós tamén somos boteiros. Mirade como as fixemos :
Pero as sorpresas entroideiras non acaban aquí,tamén tivemos a ocasión de ver e poñer unhas máscaras auténticas de PELIQUEIRO e PANTALLA!!
Temos que agradecerllo á profe Isa que as conseguiu e nolas trouxo á escola. Vaia sorte tivemos!!
A gozar co ENTROIDO !!!!!