O proxecto sobre o mar levounos ben preto del a unha das praias máis fermosas e coñecidas do noso concello : a praia de Gandarío.
Alí contamos coa axuda de Protección Civil que nos amosou o importante traballo que realizan e as súas instalacións na praia.
Como estamos moi concienciad@s co coidado do Medio Ambiente, recollimos lixo da praia para que non vaia ao mar e afecte aos animais que alí viven.
Gozamos cos xogos na praia : buscamos cunchas na area coas que fixemos a Caracola Manola á que lle cantamos unha fermosa canción; amosamos a nosa boa puntería lanzando cangrexos a dúas temibles quenllas e fixemos de pescadores cunha habilidade sen igual.
Pasamos unha xornada moi divertida!!!