Castañas polo Magosto!!



Festexamos o MAGOSTO cunha saída á Senra onde vimos a obra de teatro "Lobo Bobo" de Elefante Elegante, coa que gozamos moito.
 

Despois vimos como asaban as castañas e contamos coa colaboración de Protección Civil e de Mª José que foi a nosa entrañable castañeira.



Pero que boas estaban as castañas!! Quentiñas e saborosas, comemos as que quixemos!!


E despois fixemos unha visita "de medo" ao CPI Cruz do Sar, que cada ano nos sorprende coas súas exposicións de cabazas. 
Canto nos gustou !!!!


Moitas grazas a tod@s os que colaboráchedes na nosa saída : o concello, a avoa Mª José, Protección Civil e o CPI Cruz do Sar.

BO MAGOSTO!!!!