Visita dos axentes forestais


Grazas ao noso proxecto "Planeta Verde" no C.R.A. de Bergondo estamos moi concienciados e concienciadas sobre a importancia dos bosques.

Para explicarnos ben o seu traballo e para amosarnos moitas cousas sobre os bosques, tivemos...


Os axentes forestais visitaron todas as escolas e amosáronnos a súa equipación :

   







Tamén nos falaron do importantes que son os bosques e como debemos coidalos. 





Tamén vimos o camión que usan para apagar os incendios forestais e tivemos ocasión de usar nós mesmos a mangueira...que emocionante!!



Estamos moi agradecid@s pola visita e por todo o que aprendimos dela.

Moitas grazas a Luis, Alex e ao grupo de axentes forestais de Betanzos, que nos amosaron o seu traballo e a importancia do coidado dos nosos bosques.

Entroido galego : o pucho do VOLANTE


Un ano máis achegámonos ao Entroido Tradicional Galego cunha persoaxe moi alegre e colorida : O VOLANTE.

Os Volantes levan grandes e coloridos puchos cheos de flores e cintas.

Nós fixemos un pucho colaborativo adornado con flores feitas por todos os nenos e nenas do C.R.A. de Bergondo.






















O pucho do noso VOLANTE, percorreu todas as escolas:




Esta é a nosa canción de Entroido:




O noso agradecemento a TURGALICIA que nos proporcionou un libriño de entroido para cada alumn@ do C.R.A. de Bergondo.

Podedes acceder a el, clicando na imaxe


BO   ENTROIDO !!!



Celebrando o Día da Paz



Celebramos o Día da Paz dun xeito moi especial, cunha videoconferencia entre todas as escolas do C.R.A. de Bergondo e coa solta de pombas.

Agradecerlle a Mª José e sobre todo ao seu fillo Lucas, que fixeron posible que desde cada escola do C.R.A. saíse unha pombiña coa mensaxe de paz de todos os nenos e nenas.








Fíxonos moita ilusión poder ver aos compañeiros e compañeiras doutras escolas e sobre todo, cantar todos xuntos a canción da Paz que aprendemos coa profe María.





No  BLOGUE DE MÚSICA podedes escoitar a nosa canción da Paz e tamén podedes ver un vídeo coa solta da pomba na escola de Lubre.


Os nenos e as nenas do C.R.A. de Bergondo, desexan que haxa PAZ no mundo!!