Fixemos unha visita ao C.P.I. Cruz do Sar, para que os nosos alumnos e alumnas de 6º de E.I. coñezan ben as instalacións e funcionamento do que vai ser o seu novo colexio.
A nosa mañá comezou visionando no salón de actos de A Senra as películas que fixeron todas as aulas do C.R.A. de Bergondo, dentro do proxecto sobre O CINE que nos propuxeron desde o Cruz do Sar.
Despois fomos ao C.P.I. onde visitamos as instalacións do cole con José Antonio, compartimos con Loli os nosos traballos sobre o cine, fixemos xogos con Ricardo e Manolo e agasalláronnos no comedor cun MENÚ DE CINE !!!
O fin de festa foi un estupendo baile que compartimos cos compañeiros e acompañeiras do C.P.I. e neste vídeo podedes ver o ben que saiu :
Moitas grazas aos compañeiros do C.P.I.Cruz do Sar polo ben que nos acolleron!!!
Pasámolo fenomenal!!!
E xa despedimos este curso 15-16 coas fotos de grupo que fixemos.
Boas vacacións!!!!