" As xoaniñas do bosque "


Na aula das xoaniñas de Carrio inventaron un conto no que as protagonistas son ... ¡ dúas xoaniñas ! 

Vede agora o que pasou con Sil e Lasa cando o lobo fixo a súa aparición.












" O dragón Lucho "


O dragón Lucho, a raíña e mailos cabaleiros son as persoaxes dun conto sorprendente e divertido inventado pol@s nen@s da aula dos cadrados de Guísamo.

¡Xa veredes o ben que o ides pasar con el!











¡¡ Noraboa a tod@s  !!


"O peixe Martín"


Na aula das bolboretas de Carrio o peixe Martín ten un problema. Por sorte tamén conta cun bo amigo que lle vai axudar.
¿Queredes saber como? 









¡¡ Bravo bolboretiñas !!

" A vaca conductora "


Parece que na aula dos triángulos de Guísamo hai unha vaca que lle quere facer a competencia a Fernando Alonso...
Os "peques" de Guísamo inventaron un fermoso conto ambientado nunha granxa. Alí hai unha vaca que non lle ten medo a nada...

¡Pasade a ver cal foi a súa aventura!









¡¡ Noraboa a tod@s !!



" A amiga da xirafa "



Os nenos e nenas da escola de Vixoi, inventaron un conto moi fermoso sobre a amizade. 

¡Xa veredes canto vos vai gustar!







¡¡ Felicitacións !!




"O elefante e o mono"


Empezamos pola aula dos círculos de Guísamo. Inventaron un conto moi bonito no que os protagonistas son un elefante chamado Max e un mono bastante xoguetón que aprendeu unha boa lección. 

¿Querédelo ver?








¡¡ Noraboa a tod@s !!


Vaia arte teñen estas praxias

Coma xa sabedes, no C.R.A. estamos inmers@s nun proxecto de arte. En tódalas escolas están a traballar sobre varios pintores. 
Nas sesións se estimulación da linguaxe temos unhas praxias moi "artísticas" que nos animan a facer exercicios para mellorar a nosa fala. 




















Materiais para as familias : palabras co son "G"


Déixovos un loto de palabras co son "G" para xogar c@s vos@s fill@s. Pódese usar coma un memori, onde todos os tapóns están boca abaixo e o/a neno/a vailles dando a volta de dous en dous ata formar as parellas. Tamén se poden repartir os tapóns en dous grupos, un para o/a neno/a e outro para o adulto e vanse volteando de un en un para que o/a neno/a busque no seu grupo a parella. O importante é que o/a neno/a escoite do adulto a pronuncia correcta para despois tentar imitala. Lembrade que nestas idades é fundamental proporcionar aos nen@s modelos de pronuncia axeitados e vós podedes axudarlles moito a mellorar a súa fala.


Palabras : gafas, gaita, galletas, gallina, gato, goma, gotas, guantes, hormiga, lechuga, pingüino, tortuga 


Materiais para as familias : xogo do son "z"

Traio un xogo co que podedes practicar c@s vos@s fill@s o son "z" "ce" "ci". Non tedes máis que gardar a imaxe, imprimila e recomendo plastificala para que teña máis consistencia. O xogo é ben sinxelo : hai que pronunciar o nome das imaxes segundo vaiamos caendo nas casillas. Hai un cangrexo que nos fai retroceder e un saltamontes que nos axuda a avanzar. Gaña o primeir@ chegue á meta.

¡¡A xogar!!

Palabras:
  1. cebra
  2. ambulancia
  3. calabaza
  4. zapatos
  5. calcetines
  6. cangrejo : retrocede 3 casillas
  7. cebolla
  8. cepillo
  9. cerezas
  10. chorizos
  11. ciempiés
  12. ciervo
  13. saltamontes : adelanta 2 casillas
  14. círculo azul
  15. cisne
  16. cocinero
  17. erizo
  18. lazo
  19. maceta
  20. pecera
  21. pincel
  22. taza
  23. cangrejo : retrocede 3 casillas
  24. manzana
  25. zapatillas
  26. zumo
  27. bicicleta
  28. piscina

Xogo para practicar a pronuncia do "R"

Con este xogo practicamos a pronuncia de palabras co son "R".

Primeiro coloreamos os debuxos:


Despois plastificámolo :


E finalmente  ¡ xa estamos list@s para xogar !



A plantilla do xogo :

Unhas boliñas de nadal moi divertidas

Así é...por tódalas escolas xa se respira un airiño moi navideño : as aulas énchense cos debuxos e os adornos feitos pol@s nen@s, as panxoliñas animan e atopamos árbores de nadal moi fermosas cheas de boliñas de cores. Pois nas sesións de estimulación da linguaxe, practicamos as praxias cunhas bolas navideñas moi divertidas que despois coloreamos e puxemos nas clases. 









Aquí están as boliñas por se queredes practicar un pouco na casa. E lembrade...non se pode facer trampiña coa man, é a lingua ela soa, a que ten que facer toooodos eses exercicios!


   































Sencarie : programa de saúde bucodental

SENCARIE é un programa de saúde bucodental da Xunta de Galicia destinado á comunidade educativa. Nesta aplicación multimedia con xogos educativos @s nen@s poden repasar dun xeito os principais conceptos que se deben coñecer en materia de saúde bucodental.
Unhas persoaxes moi simpáticas vannos ensinar como coidar e manter en perfecto estado a nosa boca e os nosos dentes : 



Hai actividades para a nosa etapa, Educación Infantil :



Para acceder aos xogos non tedes máis que pinchar en calquera das imaxes. E lembrade, manter a nosa boca en perfecto estado é moi importante.