Día Mundial do Medio Ambiente


Hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente e ten que facernos pensar no noso xeito de tratar á natureza. Temos que reflexionar e cambiar o camiño que levamos, porque non é bo para o noso planeta.

Nesta actividade podemos ver que accións poñen triste ao planeta e cales o axudan a mellorar. 
Estou segura de que o ides facer moi ben:




Memoria auditiva


Nesta ficha interactiva temos que escoitar as palabras e despois sinalar o que oimos:

O supermercado

Imaxes : pixabay

Imos ao supermercado!!

Durante todo este tempo de confinamento, as traballadoras e os traballadores dos supermercados, fixeron un labor moi importante, axudando a que non nos faltara de nada e puideramos ir comprar con seguridade e tranquilidade. 

Hoxe temos unha actividade de Pictojuegos donde teremos que ir colocando as pegatinas no seu lugar á vez que practicamos o noso vocabulario.



Agora temos un crebacabezas sinxelo:




E rematamos cun xogo de memoria:









Refráns de XUÑO


Imos ver algúns refráns do mes de XUÑO - SAN XOÁN


Pois parece que así será, xa que vamos camiño da fase 3 da desescalada 👌👍


E claro...con días tan longos, quen é capaz de deitarse cedo? 😉






E ainda que este ano non poderemos celebrar a festa de San Xoán como nos gusta aos galegos, con lumeiradas nas praias, si tentaremos facelo cos nosos seres máis queridos, comendo unhas sardiñas con pan de broa!!😄





Buscamos palabras co son "S"



Nesta ficha interactiva tedes que marcar as palabras que levan o son "S"

Escoita e elixe a palabra que soa



Estas palabras soan bastante parecidas.
 Serás capaz de acertar cal é a que se escoita?

Toca...xogar!!!

Imaxe: Designed by Freepik 

Hoxe celebramos o Día Internacional do Xogo e a mellor maneira de facelo é...

X O G A N D O !!!

Como non!!

Hai xogos da linguaxe cos que podemos pasar un ratiño ben divertido.

Queredes coñecelos?








Se pasades polo blog da profe Rosa da escola de Silvoso, atoparedes a proposta do xogo das palabras encadeadas e veredes o divertido que é!!



Ordeamos un pouco?


Que tal se facemos un "Marie Kondo" ?



Animádesvos, verdade?

Temos que encher o armario e o frigorífico e cada cousiña ten que ir ben ordeada no seu lugar. 
Cando as vaiamos colocando, decimos os seus nomes...Así practicamos o vocabulario!!




Agora unha adiviña, relacionada co xogo:


Imaxes utilizadas na adiviña: Designed by Freepik 


Se premes AQUÍ verás 👀 a solución.



M O I      B E N!!

Empezan igual?...Pois unímolas!





Temos que unir as imaxes que empezan igual.

Preparad@s?


Une los que empiezan igual, una ficha interactiva de cradebergondo_ayl
liveworksheets.com



E rematamos cos exercicios que nos propón esta ruleta :

premede nesta imaxe para acceder





Descubrimos as imaxes intrusas



Toca estar ben atentos e atentas para descubrir as imaxes intrusas...

Estades preparadas e preparados??


Nesta actividade interactiva hai que colocar as imaxes da mesma categoría á esquerda e a imaxe intrusa á dereita, na zona azul.



E nesta ficha interactiva hai que atopar a imaxe intrusa que se colou en cada un dos círculos e clicar enriba dela 👇


Verbo+obxecto


Nesta actividade interactiva temos accións e obxectos que hai que xuntar e formar pequenas frases :

 Exemplo: unimos BEBER con ZUME DE LARANXA 
e formamos a frase 
"A rapaza bebe zume de laranxa"



E agora imos cun xogo de memoria cos verbos da actividade anterior:


Escoita con atención


Imos practicar a escoita e para iso precisamos concentrarnos e estar ben atentiñas e atentiños aos sons que saen nos seguintes xogos chamados :

SONIDOS Y FIGURAS

SIGUE LOS SONIDOS


Para acceder a eles, so tedes que premer nas imaxes e seguir polas diferentes pantallas :


1ª pantalla

2ª pantalla


XOGOS :





N O R A B O A !!

Que ben o fixestes!!! 

Xa sabía eu que estas actividades se vos dan estupendamente.