COMO AXUDAR AOS VOSOS/AS FILLOS/AS A ESTIMULAR A LINGUAXE

A contorna familiar non só é o ámbito natural para o desenvolvemento da comunicación, é tamén o único que pode proporcionar unha estimulación intensiva ao longo dos 365 días do ano. Por outra parte, esta estimulación está profundamente unida ás condutas espontáneas e naturais da vida cotiá.
Dentro das actividades da vida diaria hai algunhas que, pola especial relación que se produce entre o neno e os pais, son moi apropiadas para a estimulación da linguaxe: a comida, o baño, o vestirse, o deitarse, cando o/a fillo/a xoga...

                           Tiphanie Beeke
As distintas actividades da vida diaria son moi axeitadas para estimular a linguaxe das nenas e dos nenos.
Pero ademais non só se poden aproveitar estas situacións naturais e espontáneas da vida diaria para a estimulación da linguaxe do/da neno/a, tamén podemos provocar nós algunhas situacións como comprar un conto e lerllo ou polo menos mirar os debuxos, contarlle algún conto adaptado á súa idade, ir a unha feira, ao campo, ao parque... e comentar o que vemos.
                                   Carolyn Croll

                        Aga Kowalska



ALGUNHAS ACTIVIDADES MÁIS CONCRETAS


Non darlle demasiados mecos
  • A sobreprotección atrasa o desenvolvemento xeral e, polo tanto, a linguaxe. Débese fomentar a autonomía, animándoo a facer cousas e valorar o que fai aínda que sexa imperfecto.

Calquera forma de comunicación é interesante
  • Favorecer un clima familiar agradable no que o/a neno/a experimente o pracer e a necesidade de comunicarse. Esta comunicación pode ser oral, utilizando algún son ou palabra, e tamén xestual, sinalando ou indicando algo coa man.

Ofrecer bos modelos de expresión oral
  • Non falarlle á présa.
  • Evitar a afectación e o meco ao falarlle.
  • Articular ben.
  • Utilizar un vocabulario adaptado ao/á neno/a, pero facendo este cada vez máis amplo.
  • Evitar os ruídos de fondo que dificultan a discriminación auditiva.
  • Fomentar a conversa aínda que, por parte do/da neno/a, sexa moi sinxela.

Favorecer a mobilidade e a axilidade dos órganos buco-faciais
  • Xogar a poñer caras feas, a facer movementos da lingua, a facer vibrar os labios… e observar a cara nun espello.
  • Acostumar o/a neno/a a utilizar un pano cantas veces o necesite e a limpar os mocos correctamente de forma autónoma.

Favorecer a percepción auditiva
  • Chamar a atención sobre algún son e pedirlle silencio para escoitar mellor, procurando que centre a atención no que oe: ”parece que chamaron á porta, ¿quen será?”, “óense voces, ¿quen chegaría?”
  • No campo: óese cantar un paxaro, ¿onde estará? Igualmente escoitamos as ras dun estanque, o zoar do vento entre as árbores, os sons doutros animais, o son da choiva...
  • Na cociña: fixámonos no ruído da batedor, do muíño, no son rítmico de bater os ovos, da auga da billa…
  • Cando lemos un conto ou xogamos co/coa neno/a, imitar as voces das distintas personaxes, enfatizando a entoación.
                         Marty Jones

  • Xogar a adiviñar polo son o que acontece en sitios próximos: ¿a ver se adiviñas que pasa na rúa?, ¿que fai mamá na cociña?, ¿que programas emiten na tele?...
  • Pechamos os ollos e escoitamos un anuncio da tele intentando identificar distintos sons.
  • Confeccionar un “dicionario infantil” utilizando debuxos feitos polo/pola neno/a, recortes de publicidade... e ir clasificándoos pola súa letra inicial e engadindo os que vaian xurdindo.


Que fomenten a correcta articulación
  • Cando un neno ou unha nena ten dificultades específicas nalgún fonema, non convén que as persoas adultas fixen constantemente a súa atención e a do neno ou nena sobre este defecto. É mellor devolverllo ben pronunciado, poñendo énfase na articulación correcta pero sen chamar a atención do rapaz ou da rapaza sobre o fonema mal articulado.

Que amplíen o vocabulario comprensivo e expresivo
  • Observar o que vemos polas fiestras da casa.
  • Comentar o que vemos a través da fiestra do coche adaptándonos á idade do/da neno/a: animais, árbores, edificacións, características da paisaxe...
  • Nos contos con pouco texto e abundantes imaxes, ir nomeando o que aparece nos debuxos, fotos, láminas... segundo o seu interese.
  • Cando facemos algunha reparación na casa (ao ordenar caixóns, armarios…) buscar a colaboración do/da neno/a e ir verbalizando o que facemos. Da mesma maneira podemos proceder cando facemos unha ensalada, un pastel ou outra comida.


                                                 Abby Carter

  • Ao saír de compras, comentar as cousas que hai na tenda. Nomear o máximo de cousas e non só o que se vai comprar.

                                               Jannie Ho

  • Aproveitar a excursión ao campo ou unha saída ao parque para ampliar o seu vocabulario.
  • Fomentar e propiciar as situacións de diálogo . Falarlle e escoitalo/la moito, de maneira que se estableza unha situación estimulante, desde o punto de vista lingüístico, na que o/a neno/a reciba numerosas e variadas mensaxes e sexa incitado/da a responder activamente coa súa propia linguaxe.

                                 Mick Reid
  • Responder as preguntas que faga: ¿que é?, ¿para que serve?, ¿por que? Convén que as respostas sexan sinxelas e teñan un carácter explicativo.
  • Comentar en voz alta o que se está a facer.
  • Comezar a resposta do/da neno/a dicíndolle a primeira sílaba, palabra ou frase para que a remate: ”poñemos o panta…”, “a tesoira serve para…” Non importa que a resposta sexa incorrecta, como “eta” por chaqueta ou “atos” por zapatos. O importante é que se exprese. Nós reforzaremos a resposta devolvéndolle a palabra completa, pero sen corrixila de forma explícita.
  • Recoller o enunciado que construíu mal e devolverllo aplicándolle algunha corrección e/ou ampliación.
- Nai/pai: ¿que é?
- Neno/a: u fate
- Nai/pai: un elefante grande
- Nai/pai: ¿qué é?
- Neno/a: ote
- Nai/pai: si, un coche vermello


FACER DA ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE UN XOGO DIVERTIDO NO QUE TOMAN PARTE OS NENOS E/OU AS NENAS E AS SÚAS FAMILIAS  



Estas recomendacións están extraídas dun material elaborado pola Xunta de Galicia e mailos Equipos de Orientación específicos.

Letras Galegas 2021






XELA ARIAS



O Día das Letras Galegas está dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias.



Recursos na rede sobre Xela Arias :









Entroido tradicional galego

E N T R O I D😃









 








Felices festas



Anímaste con este xogo de memoria das postais de Nadal?

Intrusos na praia 👀


Animádesvos a localizar todos os intrusos que hai nestas fichas?

Intrusos en la playa, una ficha interactiva de cradebergondo_ayl
liveworksheets.com


Estamos na praia de Gandarío e apareceron algúns animais que non teñen que estar alí, podedes atopalos e marcalos?

Sons de animais


Temos que descubrir que son vai con cada animal...

estades preparadas e preparados??

Coloca cada animal junto a su sonido 1, una ficha interactiva de cradebergondo_ayl
liveworksheets.com


🐨  🐢  🐶  🐸  🐼  🐭


🐸 Que lle pasa á ra? 🐸



Nesta ficha temos que escoitar os audios e unilos coas ras, xa veredes que ben o facedes!!🐸


Escoitamos e lembramos 👉👂


Na actividade que vos propoño hoxe, hai que escoitar as palabras, lembralas e despois sinalalas.

A ver que tal se vos da!!

Presta atención, soan parecido



As palabras que temos na seguinte ficha, soan moi parecidas. Escoita atentamente e preme na correcta:

Escoita e descubre cal é



No seguinte vídeo, temos que escoitar atentamente o que nos di para así acertar as preguntas:



E como saiu tan ben, rematamos con esta actividade interactiva donde hai que atopar o intruso:


RiCiToS de OrO



Nesta fantástica páxina de Pictocuentos temos o fermoso conto de Ricitos de Oro, que podedes ler e escoitar se premedes na imaxe:



Podedes descargalo en pdf desde a seguinte imaxe:



E, para rematar, esta ficha interactiva, donde tedes que premer nos altofalantes, escoitar o que din e despois unilos coa imaxe axeitada :