Durante este mes os nenos e nenas do CRA de Bergondo achegaranse ao ENTROIDO GALEGO, coñecendo cinco persoaxes dalgúns dos entroidos máis representativos de Galicia.
Pinchando nas imaxes, iredes ás entradas de cada un dos entroidos :
OURENSE
LUGO
A CORUÑA - PONTEVEDRA
Este é o libro que xa temos nas nosas bibliotecas de aula para consultar sempre que queiramos. Podedes velo picando na imaxe:
Elaboraremos tamén os nosos libriños do entroido coas seguintes fichas:
Lembrade :
Para gardar as imaxes no tamaño no que as subo, deberedes abrilas noutra ventá ou pestana.
Dado de entroido :
Anexo - Materiais de ENTROIDO GALEGO
Persoaxes en b/n (en .png) :
No blogue da miña compañeira Rosa (titora da escola de Silvoso) atoparedes un estupendo libro LIM sobre as persoaxes de entroido:
No blogue da miña compañeira Rosa (titora da escola de Silvoso) atoparedes un estupendo libro LIM sobre as persoaxes de entroido:
Pinchade na imaxe para acceder
¿Entroido ou Antroido?
Podedes acadar máis información sobre o Entroido Galego no seguinte enlace, nun documento moi completo que tamén se pode descargar :
Documento moi interesante, graciñas polo enlace. Moi bo traballo sobre o entroido...e o libriño é un TOP na biblioteca, gústalles un montón! Boa finde!!
ResponderEliminarAlégrame ver que lles gusta o libriño, ¡¡unha aperta!!
EliminarUn material estupendo. Moitas grazas por compartilo!
ResponderEliminarGrazas, Natalia, ¡un saúdo!
EliminarUau, Dolores, encantoume todo! As fichas están fenomenal. Para os meus nenos de este ano supéranme un pouco pero gárdoas para outra ocasión. Unha aperta.
ResponderEliminarO certo é que me resultan fascinantes e moi interesantes os entroidos galegos e paréceme importante que se den a coñecer, alomenos nesta zona, que son bastante descoñecidos. ¡¡Unha aperta, Ana!!
Eliminarmoi bo traballo. Da gusto atopar estas cousas. Co teu permiso, usarei algunhas cousas cos meus nenos. Xa te citei no meu blogue!espero que non te importe!
ResponderEliminarAlégrame saber que vos tamén traballades o entroido tradicional galego e que os nosos materiais vos son de axuda. ¡Unha aperta peques exploradores!
Eliminar