O pirata mariñeiro

Durante este curso nas escolas do CRA de Bergondo, traballamos nun proxecto sobre o mar. 


E nas sesións de estimulación da linguaxe démoslle a benvida ao PIRATA MARIÑEIRO.

Deixou de ser pirata e converteuse en mariñeiro...








Vaia sorte tivo o pirata mariñeiro!! 

Na escola de Silvoso deixáronlle unha barquiña na que vai pescar moi contento.













Preparámoslle un recantiño en cada unha das aulas para que nos deixe o que vai pescando.

O pai de Mateo da escola de Carrio trouxo rede, que penduramos na parede!!








Tamén fixemos uns títeres do noso novo amiguiño.














O pirata mariñeiro pescou xa unha adiviña e unha leria relacionadas co mar.










Pronto regresará o pirata mariñeiro con nova pesca...que nos traerá?