Este Nadal recibimos unha visita moi especial : o Apalpador ou Pandigueiro veu ao C.R.A. de Bergondo e recibímolo moi ilusionad@s.
O Apalpador veu coa súa axudante Alicia, pero este entrañable carboeiro tamén ten outros axudantes : o Chirlo Merlo e o lobo Ñañudo, que o acompañaron ás escolas.
O Apalpador é moi amigo dos animais, e cando anda polos montes do Caurel gústalle velos, sempre respectando o seu hábitat e sen molestalos.
Como o Apalpador sabía que neste curso imos aprender moitas cousas sobre a cultura castrexa, trouxonos uns contos do Castro de Viladonga e varios materiais moi interesantes doutros castros celtas.
O Apalpador falounos do sabios e importantes que son os nosos maiores. Deles aprendemos moitas cousas que nos poden transmitir. Trouxo uns bonecos ben fermosos de avós e bisavós.
O Apalpador trouxo saborosas mazás do Caurel que compartimos na clase.
Quedamos moi contentos e agradecidos desta visita.
Ata vernos Apalpador!!!