Un ano máis tivemos a gran sorte de recibir a visita do Pandigueiro en tódalas escolas do CRA de Bergondo. Veu coa súa axudante Alicia e compartiu con nós uns poemas, unhas cantigas e algunha que outra adiviña.
Falounos da súa terra, O Courel, e da importancia de coidar da natureza. Tamén nos lembrou que temos que alimentarnos ben para estar sans e fortes.
Trouxo xoguetes tradicionais e agasallounos con castañas e unha pizarra. Canto aprendemos coa súa sabedoría!!!
Fixemos moitas actividades para preparar esta visita tan especial que nos achegou ao nadal tradicional galego :
Un traballo fabuloso e unha visita excepcional, Dolores. Moi felices festas para ti tamén e disfruta dunhas merecidísimas vacacións en compañía dos teus seres queridos. Unha aperta.
ResponderEliminarMoitísimas grazas Ana. Unha aperta moi grande!
Eliminar