O Apalpador, persoaxe do Nadal galego
O noso centro, desde hai uns anos, sumouse á iniciativa de moitos outros colexios galegos, de recuperar a figura do Apalpador ou Pandigueiro.
Este vello carboeiro é moi respectuoso co medio ambiente e anímanos a coidar da natureza e do noso entorno.
Xunto co Apalpador, hai outras persoaxes típicas que coñecen ben os nenos e nenas vascos e cataláns, son éstas :
Na escola agardamos a visita do Pandigueiro para contarlle todo o que estamos a aprender co noso proxecto anual do Planeta Verde e o concienciados que estamos co coidado dos nosos bosques.
Desde a biblioteca, a profe Eva contounos a historia do Apalpador e fixemos uns libriños :
Atoparedes as instruccións para facelo, se premedes na imaxe:
Temos un xogo para coñecer mellor a flora e a fauna do Caurel, a terra do Pandigueiro:
Se queredes xogar, non dubidedes en descargalo!!
Neste vídeo, podedes ver donde vive o Pandigueiro, os animais que atopa no Caurel e o que máis lle gusta facer :
E co cantareiros e cantareiras que somos no CRA de Bergondo, non podían faltar unhas cancións sobre esta persoaxe do Nadal galego.
Paco Nogueiras
Mamá Cabra
Pablo Díaz
Canción e baile do Apalpador
Etiquetas:
apalpador,
Nadal,
pandigueiro
Orientacións para a estimulación da linguaxe
O contorno familiar non só é o ámbito natural para o desenvolvemento da comunicación, é tamén o único que pode proporcionar unha estimulación intensiva ao longo dos 365 días do ano. Por outra parte, esta estimulación está profundamente unida ás condutas espontáneas e naturais da vida cotiá.
Dentro das actividades da vida diaria hai algunhas que, pola especial relación que se produce entre o neno e os pais, son moi apropiadas para a estimulación da linguaxe: a comida, o baño, o vestirse, o deitarse, cando o/a fillo/a xoga...
Dentro das actividades da vida diaria hai algunhas que, pola especial relación que se produce entre o neno e os pais, son moi apropiadas para a estimulación da linguaxe: a comida, o baño, o vestirse, o deitarse, cando o/a fillo/a xoga...
As distintas actividades da vida diaria son moi axeitadas para estimular a linguaxe das nenas e dos nenos.
Pero ademais non só se poden aproveitar estas situacións naturais e espontáneas da vida diaria para a estimulación da linguaxe do/da neno/a, tamén podemos provocar nós algunhas situacións como comprar un conto e lerllo ou polo menos mirar os debuxos, contarlle algún conto adaptado á súa idade, ir a unha feira, ao campo, ao parque... e comentar o que vemos.
ALGUNHAS ACTIVIDADES MÁIS CONCRETAS
Non darlle demasiados mecos
- A sobreprotección atrasa o desenvolvemento xeral e, polo tanto, a linguaxe. Débese fomentar a autonomía, animándoo a facer cousas e valorar o que fai aínda que sexa imperfecto.
Calquera forma de comunicación é interesante
- Favorecer un clima familiar agradable no que o/a neno/a experimente o pracer e a necesidade de comunicarse. Esta comunicación pode ser oral, utilizando algún son ou palabra, e tamén xestual, sinalando ou indicando algo coa man.
Ofrecer bos modelos de expresión oral
- Non falarlle á présa.
- Evitar a afectación e o meco ao falarlle.
- Articular ben.
- Utilizar un vocabulario adaptado ao/á neno/a, pero facendo este cada vez máis amplo.
- Evitar os ruídos de fondo que dificultan a discriminación auditiva.
- Fomentar a conversa aínda que, por parte do/da neno/a, sexa moi sinxela.
Favorecer a mobilidade e a axilidade dos órganos buco-faciais
- Xogar a poñer caras feas, a facer movementos da lingua, a facer vibrar os labios… e observar a cara nun espello.
- Acostumar o/a neno/a a utilizar un pano cantas veces o necesite e a limpar os mocos correctamente de forma autónoma.
Favorecer a percepción auditiva
- Chamar a atención sobre algún son e pedirlle silencio para escoitar mellor, procurando que centre a atención no que oe: ”parece que chamaron á porta, ¿quen será?”, “óense voces, ¿quen chegaría?”
- No campo: óese cantar un paxaro, ¿onde estará? Igualmente escoitamos as ras dun estanque, o zoar do vento entre as árbores, os sons doutros animais, o son da choiva...
- Na cociña: fixámonos no ruído da batedor, do muíño, no son rítmico de bater os ovos, da auga da billa…
- Cando lemos un conto ou xogamos co/coa neno/a, imitar as voces das distintas personaxes, enfatizando a entoación.
- Xogar a adiviñar polo son o que acontece en sitios próximos: ¿a ver se adiviñas que pasa na rúa?, ¿que fai mamá na cociña?, ¿que programas emiten na tele?...
- Pechamos os ollos e escoitamos un anuncio da tele intentando identificar distintos sons.
- Confeccionar un “diccionario infantil” utilizando debuxos feitos polo/pola neno/a, recortes de publicidade... e ir clasificándoos pola súa letra inicial e engadindo os que vaian xurdindo.
Que fomenten a correcta articulación
- Cando un neno ou unha nena ten dificultades específicas nalgún fonema, non convén que as persoas adultas fixen constantemente a súa atención e a do neno ou nena sobre este defecto. É mellor devolverllo ben pronunciado, poñendo énfase na articulación correcta pero sen chamar a atención do rapaz ou da rapaza sobre o fonema mal articulado.
Que amplíen o vocabulario comprensivo e expresivo
- Observar o que vemos polas fiestras da casa.
- Comentar o que vemos a través da fiestra do coche adaptándonos á idade do/da neno/a: animais, árbores, edificacións, características da paisaxe...
- Nos contos con pouco texto e abundantes imaxes, ir nomeando o que aparece nos debuxos, fotos, láminas... segundo o seu interese.
- Cando facemos algunha reparación na casa (ao ordenar caixóns, armarios…) buscar a colaboración do/da neno/a e ir verbalizando o que facemos. Da mesma maneira podemos proceder cando facemos unha ensalada, un pastel ou outra comida.
- Ao saír de compras, comentar as cousas que hai na tenda. Nomear o máximo de cousas e non só o que se vai comprar.
- Aproveitar a excursión ao campo ou unha saída ao parque para ampliar o seu vocabulario.
- Fomentar e propiciar as situacións de diálogo . Falarlle e escoitalo/la moito, de maneira que se estableza unha situación estimulante, desde o punto de vista lingüístico, na que o/a neno/a reciba numerosas e variadas mensaxes e sexa incitado/da a responder activamente coa súa propia linguaxe.
- Responder as preguntas que faga: ¿que é?, ¿para que serve?, ¿por que? Convén que as respostas sexan sinxelas e teñan un carácter explicativo.
- Comentar en voz alta o que se está a facer.
- Comezar a resposta do/da neno/a dicíndolle a primeira sílaba, palabra ou frase para que a remate: ”poñemos o panta…”, “a tesoira serve para…” Non importa que a resposta sexa incorrecta, como “eta” por chaqueta ou “atos” por zapatos. O importante é que se exprese. Nós reforzaremos a resposta devolvéndolle a palabra completa, pero sen corrixila de forma explícita.
- Recoller o enunciado que construíu mal e devolverllo aplicándolle algunha corrección e/ou ampliación.
- Pai: ¿que é?
- Neno: u fate
- Pai: un elefante grande
- Pai: ¿qué é?
- Neno: ote
- Pai: si, un coche vermello
- Neno: u fate
- Pai: un elefante grande
- Pai: ¿qué é?
- Neno: ote
- Pai: si, un coche vermello
FACER DA ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE UN XOGO DIVERTIDO NO QUE TOMAN PARTE @S NEN@S E AS SÚAS FAMILIAS
Estas recomendacións están extraídas dun material elaborado pola Xunta de Galicia e mailos Equipos de Orientación específicos.
Nadal Galego : O Pandigueiro
Un ano máis tivemos a gran sorte de recibir a visita do Pandigueiro en tódalas escolas do CRA de Bergondo. Veu coa súa axudante Alicia e compartiu con nós uns poemas, unhas cantigas e algunha que outra adiviña.
Falounos da súa terra, O Courel, e da importancia de coidar da natureza. Tamén nos lembrou que temos que alimentarnos ben para estar sans e fortes.
Trouxo xoguetes tradicionais e agasallounos con castañas e unha pizarra. Canto aprendemos coa súa sabedoría!!!
Fixemos moitas actividades para preparar esta visita tan especial que nos achegou ao nadal tradicional galego :
Etiquetas:
actividades do CRA,
actividades P.E.L.,
apalpador,
Nadal,
pandigueiro
Materiais de estimulación da linguaxe oral
Coma ben sabedes, unha das finalidades deste blogue é compartir convosco, as familias, os materiais que elaboro para que dun xeito lúdico, poidades estimular a linguaxe oral d@s vos@s fill@s.
Tendo xa unha ampla recopilación destos, para facilitar o acceso a eles, deixo nesta entrada os enlaces a cada un.
Clicando nas imaxes accederedes a eles.
Etiquetas:
materiais para as familias,
xogos
O Entroido galego
Durante este mes os nenos e nenas do CRA de Bergondo achegaranse ao ENTROIDO GALEGO, coñecendo cinco persoaxes dalgúns dos entroidos máis representativos de Galicia.
Pinchando nas imaxes, iredes ás entradas de cada un dos entroidos :
OURENSE
LUGO
A CORUÑA - PONTEVEDRA
Este é o libro que xa temos nas nosas bibliotecas de aula para consultar sempre que queiramos. Podedes velo picando na imaxe:
Elaboraremos tamén os nosos libriños do entroido coas seguintes fichas:
Lembrade :
Para gardar as imaxes no tamaño no que as subo, deberedes abrilas noutra ventá ou pestana.
Dado de entroido :
Anexo - Materiais de ENTROIDO GALEGO
Persoaxes en b/n (en .png) :
No blogue da miña compañeira Rosa (titora da escola de Silvoso) atoparedes un estupendo libro LIM sobre as persoaxes de entroido:
No blogue da miña compañeira Rosa (titora da escola de Silvoso) atoparedes un estupendo libro LIM sobre as persoaxes de entroido:
Pinchade na imaxe para acceder
¿Entroido ou Antroido?
Podedes acadar máis información sobre o Entroido Galego no seguinte enlace, nun documento moi completo que tamén se pode descargar :
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)





































